The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rincón Carriola de la Poesía

Nesta sección na que abrimos unha ventá á poesía máis popular, imos dedicar durante uns días e aproveitando que chega o día 8 de Marzo, varios poemas que a nosa poetisa do pobo máis xenuina, a Señora Josefa Area, dedicoulle ás mulleres de Marín e, en xeral ás mulleres traballadoras ou sacrificadas na atención dos seus durante a súa vida e, en especial, nos tempos pasados ainda que relativamente recentes que están na memoria de xente como a propia autora que hoxe compara moito nos seus traballos a vida da súa infancia coa deste intre. Hoxe, e nos seguintes días, seguiremos coa serie, a Sra. Josefa acórdase das mulleres que tanto traballaron la lonxa de Marín naqueles tempos, e facémolo coma sempre, respectando o escrito tal como o plasma a autora.

Ás que tanto traballaron la Lonxa

Xa un poema está feito

para as acarrexadoras

que sobre as súas cabezas

centos de quilos cargaban.

Valga éste para aquelas

que na lonxa traballaban

pra fresqueiros e fresqueiras

que o noso peixe exportaban

a León e a Castela

e as terras catalanas.

 

En Madrid e Barcelona,

o peixiño de Marín,

con moito orgullo anunciaban.

 

Voltemos coas mulleres

que aquel peixe elaboraban

dispois de arrastrar as caixas

dende que era vendido

ate onde a adega estaba

ou una mesma aberta lonxa

se sitio libre quedaba.

 

En tinóns de auga do mar

neles o peixe abocaban

para dalí ser sacado

con gañapáns e con cestas

a esa labor apropiadas

 con moito xeito e destreza

tentando que as súas roupas

quedaran menos molladas.

 

En caixiñas de madeira,

cun leito de verdes fentos

que toda a caixa tapaba,

con pedroroles de xeo

ben amañado quedaba

percurando que aquel peixe

coa caixa non contactara

para que o seu sabor

nunca lle fora alterada

 

Con arte, forza e destreza

acababan o traballo

máis alá da madrugada,

tras faenas herculinas

en ningún libro contadas.

 

Cos peixiños máis ruíns

que elas mesmas apartaban

e un puñadiño de cartos

xa moi contentas marchaban

fora de toda ambición

a súa vida levaban.

Josefa Area Moreira

Do meu libro Falado con versos