The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O VRAN, do cartafol de Manuel Torres

Do cartafol de Manuel Torres.

 O Vran é outro dos relatos que Manuel Torres o noso máis famoso pintor, deixou escrito no seu cartafol una escolma que recolleu no ano 1986 o Ateneo Santa Cecilia e publicou nun libro no que Torres amosa tamén o seu ben escribir das cousas propias e sinxelas da vida. (Coma sempre respectamos íntegramente a escrita do autor)

Carriola.24.05.21

 

O Vran

 De entre as catros brazadas de tempo que ten o ano o vran é a brazada do medio.  A primavera vai diante; o outono dispois. O inverno, aparte, somentes sirve para encanar o emprencipio co fin, un cabo con outro cabo, para darlle contiguidade ós anos e pechal-o circo do tempo, facelo roda para que siga rodando, rodando coma sempre.

Ista condición medianeira que ten o vran (metá puxante en verdes louzanías e outra metá decadente en barroquismos dourados); Isto de estar disposto a dúas ágoas, una costa arriba i-outra costa abaixo, recibindo nuna os verdes aires da primavera e na outra os primerios arrecendores da vendimia; isto de estar entremedias quítalle ó vran un pouco de singularidade de ser distinto, de ter un soio rumbo, un mesmo xeito de punta a cabo. Por iso ten o vran as dúas caras da discordancia; agromares tardíos e outonos adiantados; primaveiras superviventes nas sombra do salgueiros do prado e nas terras enxoitas os coores quentes, terreños da sequía; seitura no campo namentras no pomareiro inda perduran entre a follaxe os froitos verdelleiros.

Despídese a primavera coa segunda man do sulfato, na purga do viño cando a colleita do trebo asomella un outono anegado cos verdes tenros dos liñares. O merlo inda mostra o seu gozo co seu doce asubío namentras co seu ollar agarima o niño que a merla quenta entre os loureiros do valado. Despídese a primavera coas néboas de San Antonio que suben acachoupadas dinde acolá embaixo das rías, e deseguida alcende no San Xoan as fogueiras da súa noite como una portada que anuncia as quenturas do vran.

O vran escomenza mesmamente cando a primavera xa ten esgotados todol-os verdes da súa ofrenda vexetal adicada cos poenxos e mentrastes ó arrecendo das ágoas na noite de San Xoan. As primerias imaxes do vran, do agostamento anticipado, tremen nos mlilleiros, degolados polo sol, e na sede do regto que deixou un rastro de pedregullos para coñece-lo canle por onde ha de voltar co seu ledo marmurio de canción nova e montesía, e na palidez dos centeos que en feita de tristura o paisaxe cinguido polos únicos verdes da liña de vidueiros que van seguindo a serpe do regato.

Compretan a estampa corpos curvados nas leiras, brazos núos nun ritmo de tarefa cobizosa acoutelada pola media lúa da fouce. O vran é tempo de festas e de troula, mesmamente cando empezan a esvaerse os coores gozosos das agromadas. A paisaxe, entón, alédase con engados emprestados, con estrondo do bombas, co tanxer das campás, fonte de pasaxeiras venturanzas.

Pero o vran leva consigo a tristeza que lle deixou a morta da primavera. Xa non marmura o regto nin se ouve o gozoso asubío do merlo. Calou o cuco, i o reiseñor, i o paporrubio, calaron todos porque o seu meirande contentamento, o anceio de perpetuación, esmoreceuse coa entrada do vran.