Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Aparcamentos

Carriola.05.02.26.

julio@carriola.es.

O problema da falta de aparcamento en Marín

María del Carmen Muñoz

Aparcar en Marín converteuse nun problema grave e insostible. Tras a eliminación de prazas de aparcamento durante os últimos anos, non hai aparcadoiros públicos que permitan absorber a demanda diaria, e tampouco existe a opción de parking privado. Hoxe é practicamente imposible estacionar a calquera hora do día, isto non é unha esaxeración: é a realidade diaria de veciños, traballadores, comerciantes e persoas que veñen facer compras ou xestión, e que tras dar voltas sen atopar praza, acaban marchando.

As consecuencias están á vista de todos. Cada semana pechan negocios, os locais baleiros multiplícanse e a actividade económica esmorece. Cando a xente non pode entrar en Marín, deixa de vir; e cando deixa de vir, a vila perde comercio, servizos, emprego e vida.

O problema do aparcamento non é unha reivindicación dun sector concreto nin un capricho. É unha condición básica para o funcionamento normal dunha vila. Sen accesibilidade non hai comercio, non hai hostalaría, non hai clínicas, non hai despachos profesionais nin servizos.

Hoxe, quen tenta aparcar en Marín enfróntase a voltas interminables, frustración e perda de tempo. Esa experiencia fai que moitas persoas opten directamente por marchar a outros lugares. Esa decisión, repetida cada día por centos de persoas, ten un impacto directo e devastador na economía local. 

A perda de actividade económica tradúcese tamén en menos ingresos para as arcas municipais, menos impostos, menos taxas e menos recursos para manter e mellorar os servizos públicos.

Ademais, Marín está a perder poboación. Non é casualidade que sexa un dos poucos concellos da comarca onde a natalidade baixa. Unha vila con dificultades para traballar, consumir e vivir non resulta atractiva para que a xente nova se quede nin para que novas familias decidan instalarse.

Este problema afecta tamén ás persoas maiores e ás persoas con mobilidade reducida. Sen opcións reais de aparcamento, tarefas básicas como ir ao médico, á farmacia ou facer xestións convértense nunha carreira de obstáculos.

Investir en aparcamento non é un gasto, é un investimento e un motor económico. Un exemplo sinxelo: 300 coches ao día supoñen arredor de 600 persoas. Cun gasto medio de 25 euros, falamos de 15.000 euros diarios, máis de 5 millóns de euros ao ano que non están a chegar á economía de Marín.

Hai solucións posibles e inmediatas: aproveitar o terreos como o de Méndez Núñez como aparcadoiro mentres non se lle dea outro uso, habilitar locais de gran tamaño vacíos ou empregar zonas portuarias como aparcadoiro, tal e como xa se fixo noutras ocasións. O que non é unha opción é seguir sen actuar.

A veciñanza e o comercio quere un Marín vivo, accesible, con xente, con emprego e con futuro.

roslev