Carriola.R.05.02.26
julio@carriola.es
Novamente as inclemencias meteorolóxicas asexan ao “mercado3r” da Anpa Aidon do Ceip Sequelo, poñendo en cuestion a súa cita deste sábado 7 de febreiro no parque Eguren.
Nun momento no que as actividades culturais e eventos se cancelan a cotio pola climatoloxia, a esperanza dos vendedores do mercado3r resiste unha e mil veces como os irreductibles da aldea Gala de Uderzo e Goscinny, sen cancelar a cita ata o último momento coa sua vista posta nas prediccions meteorolóxicas.
Parece imposible que desta volta podan ter sorte e o ceo lles conceda unha tregua. Pero falar de imposibles a rapaces (e os adultos que os acompañan) que apostan mensualmente por cambiar os hábitos de consumo de toda unha veciñanza non os vai a achantar.

Cando se traballa por unha utopía nun mundo cheo de obstáculos, as inclemencias son unha anécdota. E mais vivindo en Galicia onde a choiva e arte e parte, e si non che gusta o tempo,podes voltar en cinco minutos,porque igual xa mudou.
A propia idiosincrasia efímera e portatil dos postos coa súa rapida montaxe desmontaxe permite a toma de decisións no último intre. Os dias previos no grupo de WhatsApp no que se organizan os vendedores o tema central e a climatoloxia.
Prodúcense algunhas baixas. E os mais afoutados, ou mais tolos quen sabe, elixen cousas das que se queren desprender pero que merecen outra vida noutras mans, e esperan cos seus enseres preparados, as 10 da mañá do sábado para decidir. Como fan a cotio os seus homólogos en tantas e tantas feiras e mercados itinerantes que dan vida a tantos pobos.
Neste eido, o mercado3rmarin é cuestionado a cotio polo seu emprazamento. Totalmente exposto a estas inclemencias meteorolóxicas e nun punto neuralxico poucas veces utilizado polos eventos que se organizan. O seu labor de dinamizacion do entorno xustifica esta teima de elixir o lugar onde os rapaces fan vida e que sin eles queda deserto. Recuperar espacios comúns para convivir coa veciñanza. Onde se permita existir sen pasar previamente por caixa. Razón pola que os vendedores sempre deixan libres os bancos entre os seus postos: para que podan facer uso deles todos aqueles que se animen a acompañalos.
Asi que este sábado, xa sabedes. Contra as 10:30 da mañá asomade a cabeza pola fiestra. Se parece que non vai chover, o mercado3r instalará os seus postos de 11 a 13:30 para que baixedes o Eguren, se non a mercar o que ali vos levan, a recargar a vitamina D e pasear entre eles desfrutando dun parque cheo de vida.