The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Los trabajadores portuarios reclaman o cumprimiento do III Convenio Colectivo nos portos galegos de Interés Xeral

O día 16 de xuño acudirán a o Congreso dos Deputados en Madrid co apoio dos partidos políticos do Parlamento Galego

Carriola.Redacción.04.06.21

Os sindicatos con representación nos cinco porrtos galegos de Interés Xeral reinician a reclamación da firma do convenio do sector pendente dende hai dous anos. Reproducimos nesta Carriola de Marín o seu comunicado íntegramente a continuación:

Ca nosa teima de buscar solución a este conflito que parece non ter fin, o día 20 de maio de 2021 rexistrouse a PNL para elevar ao Parlamento e á Xunta de Galicia e que así insten ao Goberno Central para que autorice dunha vez as masas que desbloquearían o III Convenio Colectivo e facelo así operativo para que o conxunto das plantillas dos 5 portos galegos de interese xeral reciba as subas económicas pactadas e os beneficios sociáis conqueridos.

Ademáis deste rexistro, os 3 sindicatos firmantes do Convenio procedimos a solicitar as reunións cos grupos Parlamentarios máis representativos en Galicia. Así tivemos reunión co BNG (24-05-2021),  PP (24-05-2021) e PSOE (02-06-2021). Agradecemos a estes partidos políticos a atención prestada e de seguro o seu apoio xa que non cabe outra interpretación do que está a acontecer.

Cun novo Convenio colectivo que se publicou en xuño de 2019 no BOE, dous anos mais tarde, as plantillas seguen a esperar a dotación económica comprometida no mesmo, que nos teñen anclada na CECIR; so fai falla autorizar as masas adicionáis que se nos adeudan, para comezar a aplicar este Convenio.

Quedamos á espera de que esta PNL sexa tratada no noso Parlamento Galego e se aprobe para que a Xunta se dirixa ao Goberno nos términos que precisamos.

De novo, queremos mencionar o apoio unánime dos diferentes partidos políticos máis aló das diferencias. Demostraron que nos representan a tod@s e que traballarán con nós para que se cumpla o firmado. Estaremos pendentes de calquer nova ao repecto e o 16 de xuño acudiremos, TODOS XUNT@S, ao Congreso dos Deputados en Madrid.

 

¡Pola aplicación do Convenio Colectivo! ¡Por que se cumpla o pactado!

Santiago de Compostela, a 3 de Xuño de 2021