Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Xadrez Marín suma participacións e éxitos en Nigrán, Ourense e A Illa de Arousa

Carriola. Redacción. 03.06.2026

julio@carriola.es

O Club Xadrez Marín tivo unha intensa fin de semana competitiva, con representación en tres torneos celebrados en Nigrán, Ourense e A Illa de Arousa. En Nigrán participou o xogador infantil Xoel Prado Crespo, que competiu nun torneo da categoría sub-12, acadando 3,5 puntos dos 7 posibles. O mozo xadrecista continúa coa súa progresión deportiva e co seu plan de adestramento dentro do club marinense. Como mostra da súa evolución, acaba de publicarse o seu primeiro ranking internacional, no que supera os 1.500 puntos Elo, unha puntuación destacada para un xogador da súa idade e que confirma a súa prometedora traxectoria.
 
Pola súa banda, o veterano Miguel Santiago participou en dúas competicións durante a fin de semana. Na Illa de Arousa rematou na undécima posición, mentres que en Ourense asinou unha brillante actuación que lle permitiu proclamarse campión do torneo tras sumar 5 puntos de 6 posibles e finalizar invicto.
 
A actividade competitiva do Xadrez Marín continuará o vindeiro sábado, cando tres xogadores do club participarán nun torneo de xadrez rápido que se celebrará na Guarda.
roslev