Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Outra medalla de bronce para o “CdR Ría de Marín” no campionato de España celebrado en Sevilla

Carriola.RdM .06.07.26

 O remo de Marín volve escribir unha páxina de éxito a nivel nacional. Este domingo botaron o peche os Campionatos de España de remo olímpico nas categorías alevín, infantil e veterano, celebrados no Centro Especializado de Alto Rendemento (CEAR) Isla de La Cartuja (Sevilla). Unha cita marcada polas altas temperaturas na que o Club de Remo Ría de Marín asinou unha destacada actuación, regresando a Galicia cunha prezada medalla de bronce.

O gran protagonismo na categoría de Skiff Infantil Masculino (Masc INF 1x) foi para Alejandro Estébanez Duarte, quen logrou colgarse a medalla de bronce nacional. A fazaña do club foi dobre, xa que o tamén marinense Rubén Sobral Barros demostrou o gran nivel da canteira ao clasificarse tamén para a Final A, quedando en sexta posición. Con dous remeiros entre os seis mellores de todo o Estado, o Ría de Marín consagrouse como unha das grandes potencias da modalidade. 

Tamén competiron na categoría infantil, na modalidade de  Dobre Scull (2x) Mauro Fernández Pintos e Johel Bangueses Moya, que non conseguiron clasificar para semifinais aínda que pelexaron palada a palada en duras condicións de temperatura. 

A representación do club completouse coa participación do alevín Fabián Fernández Pintos, quen asistiu ao campeonato por primeira vez e asinou un meritorio 12  posto, sumando unha valiosa experiencia para o futuroDelegaciónPodio da canteira local.

Éxito da expedición galega nun campionato de récord

O campionato reuniu a un total de 372 embarcacións procedentes de 62 clubs de 11 comunidades autónomas, cunha participación récord que superou o milleiro de deportistas (631 remeiros e 444 remeiras).

O Club de Remo Ría de Marín, co seu bronce, formou parte do éxito colectivo do remo galego, que situou a cinco dos seus clubs nos postos de honra do medalleiro nacional de base (liderado polo Club Náutico Sevilla como campión absoluto, seguido do CN Banyoles e o tamén galego Club Remo Cedeira). O metal acadado por Alejandro Estébanez pon de manifesto o excelente traballo que se está a realizar na base do club marinen

roslev