Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lucía Santos, candidata do BNG nas próximas eleccións municipais recibirà mañán o primeiro apoio de Ana Pontón

Carriola.Redacción.08.07.26

A visita terá lugar o xoves 9 de xullo ás 11.00 horas na zona da antiga caseta de turismo. Desde alí, Ana Pontón e Lucía Santos percorrerán o paseo Alcalde Blanco e a Praza de Abastos, onde manterán encontros coa veciñanza e co comercio local

Segundo informa o PNG de Marín, A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitará Marín este xoves 9 de xullo para participar nun acto de apoio a Lucía Santos, candidata á Alcaldía de cara ás eleccións municipais de 2027. Santos foi elixida por unanimidade na Asemblea Local celebrada o pasado 5 de xuño, dando paso así ao inicio dunha nova etapa política, visita que comezará ás 11.00 horas na zona da antiga caseta de turismo e, desde alí, Ana Pontón e Lucía Santos realizarán un percorrido polo paseo Alcalde Blanco e pola Praza de Abastos, onde manterán encontros con veciñas, veciños e comerciantes para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e trasladarlles as propostas do BNG para o futuro de Marín.

Acompañadas por representantes da organización nacionalista, ambas destacarán a importancia de impulsar un proxecto que responda ás necesidades da vila e contribúa ao seu desenvolvemento socioeconómico - indican tamén na nota remitida onte polo Consello

roslev