Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Nee Barros presenta Identidade, A normalidade do non común no Museo Torres, a súa primeira obra de teatro

Nee Barros presenta Identidade. A normalidade do non-común no Museo Torres, a súa primeira obra de teatro

Editado por Galaxia para a súa colección Costa Oeste a obra do escritor marinense contén cinco actos que falan de liberdade e identidade

Carriola.Redacción.13.06.21

Nee Barros naceu en Ourense, alá polo 2002, pero ten fondas raíces en Marín, no Cantodarea, de onde é a súa familia paterna, polo tanto aquí temos tamén dereito a facelo noso orgullosos de contar cun escritor que está no comenzo da súa carreira pero indiscutiblemente mostra unha proxección que fai sospeitalo como un autor realmente importante na literatura galega do inmediato futuro.

Onte foron moitas as persoas que se acercaron ao Museo Torres para facerse cun exemplar firmado por Nee da súa obra “Identidade, a normalidade do non-común”, libro que aconsello gardalo, despois de leelo en lugar seguro e preferente das estanterías de cada casa porque sen dúbida é un dos primerios escalóns dunha carreira importante deste escritor do que a propia editorial Galaxia afirma “Ze é o noso protagonista vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complicidade dos seus amigos e a súa familia, percorrerá un camiño en que moitas vendas negras, que tapan os ollos e a alma, caerán ao chan. Rompendo todos os moldes, Nee será quen de amosarlle a todas as persoas que da igual como te vexan os demáis. O máis importante é como nos sentimos nós, ser quen queiramos ser e seguir sempre o que dite o noso corazón”

Premiado xa, a pesares da súa xuventude en distintos Eidos da escritura, Nee Barros empeza a amosar a súa calidade creativa e humana o que lle valerá no futuro éxito da súa carreira.

roslev