Carriola.Redacción . 28.08.26
julio@carriola.es
Tras a polémica suscitada e aquí recollida pola suposta utilización dunha prenda de roupa “nova” na uniformidade da Danza de Espadas sen que o Padroado de San Miguel, incluido no Ateneo, tivera coñecemento da mesma, tras unha reunión mantida entre as dirctivas de Ateneo e Padroado, chegouse a un acordo de consenso que desde a asocaición que preside Celso Méndez puntualizase do segunte xeito;
“Reunidas as directivas do Ateneo Santa Cecilia e do Padroado de Mareantes San Miguel, acordaron emitir o seguinte comunicado:
1.- Nin o Ateneo Santa Cecilia nin o Padroado de Mareantes San Miguel teñen nada que ver coa venda e comercialización dos suadoiros que empregan o seu nome.
2.- Ningunha das dúas entidades obtivo nin obterá ningún beneficio económico con dita venda e comercialización.
3.- O suadoiro non forma nin formará parte da vestimenta tradicional das e dos danzantes, polo que queda expresamente prohibido o seu uso durante os actos programados pola festa de San Miguel.
4.- Non obstante, tendo en conta o desembolso económico que supuxo para as familias a adquisición destas prendas, valoradas entre 38 e 40 euros, o Ateneo permitirá a súa utilización, sempre con carácter voluntario, unicamente fóra do indicado no punto anterior.
5.- Así mesmo, desexamos aclarar que o establecemento rexentado por Almudena García e Cecilia Puga queda exento de calquera responsabilidade derivada das vendas anteriores realizadas sen a debida licenza, contando con autorización a partir deste momento para vendelas ás persoas danzantes.
6.- Finalmente, toda persoa que desexe empregar o nome do Ateneo Santa Cecilia ou da Danza de Espadas de Marín deberá solicitar sempre a autorización e o consentimento previos da Xunta Directiva do Ateneo e/ou do Padroado de Mareantes San Miguel”.
Pois deste xeito queda zanxada a polémica e, hasta certo punto, aclarada a situación na que, o que sí quedou claro, é que o Ateneo ten rexistrados todos os “detalles” da Danza de Espadas e, calquera variación dos mesmos deberá ser sempre consultada na Xunta Directiva da entidade que, aínda contando coa colaboración do Concello, é a que ven mantendo a historia desta festa de San Miguel coa sua tradicional danza gremial centenaria.