Carriola.Reacción.30.09.26
julio@carriola.es
A competición reunirá a preto de 300 remeiros e remeiras de 22 clubs galegos en máis de 250 embarcacións nunha xornada ininterrompida de regatas segundo informaron onte no Concello o concelleiro de deportes Antonio Traba e membros do “Club de Remo Ría de Marín”, Alfonso Fernández e Josè Ramón García

Esta quinta edición consolida a proba no calendario do remo de mar galego nesta modalidade de Beach Sprint, destacando polo seu ritmo dinámico e polo seu recente recoñecemento como disciplina olímpica. A xornada deportiva desenvolverase dende as 10:00 da mañá de hoxe sábado día 3, ata as 19:00 horas de xeito continuado na Praia de Mogor, celebrándose regatas cada 5 minutos con saídas de embarcacións de dúas en dúas.
Trescentos deportistas de 22 clubs e 250 embarcacións
O evento contará coa participación de preto de 300 deportistas procedentes de 22 clubs de toda Galicia, acadando un total de 250 embarcacións inscritas cuio percorrido das probas constará de 500 metros totais, dos cales os primeiros 250 metros realizaranse en slálom e os 250 metros finais serán en tramo libre..
A regata albergará competicións en todas as categorías (dende categorías inferiores ata veteranos), tanto en modalidades masculinas como femininas, abranguendo probas individuais e en parellas mixtas (nas categorías xuvenil, absoluta e veteranos).