Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Vintedóus Clubs con 206 embarcacións y 234 remeiros encheron Moor nunha exitosa xornada de remo “Beach sprint”

Carriola.RdM.06.10.26

julio@carriola.es

A praia de Mogor, en Marín, acolleu este sábado a celebración da V Regata Nostra in Mare Fortuna, organizada polo CR Ría de Marín,  na modalidade de beach sprint proba que se completou cun balance positivo tanto no aspecto organizativo como no deportivo, destacando unha gran participación con  234 deportistas únicos (157 homes e 77 mulleres), o que sitúa a esta cita como unha das máis concorridas dentro do calendario nacional desta disciplina.

O beach sprint é unha modalidade do remo de mar que será olímpica nos Xogos de Los Ángeles 2028. A dinámica da competición combina terra e mar: comeza cunha carreira a pé pola area ata a embarcación, continúa cun traxecto de slalom de 250 metros de ida e volta sorteando boias, e finaliza cun desembarco rápido onde un dos tripulantes debe correr de novo pola praia ata a meta.

Tempo e deporte, todo a favor

A regata estivo favorecida polas boas condicións meteorolóxicas do sábado, cun mar óptimo para o remo que facilitou o desenvolvemento das quendas e o seguimento por parte do público asistente. No total de probas competiron 206 embarcacións, divididas en 118 individuais (C1x) e 88 dobres (C2x), que abrangueron dende as categorías de base (Alevín, Infantil e Cadete) ata as de Xuvenil, Absoluto e Veterano.

O “Remo Ría de Marín gañador da xornada

No ámbito estritamente competitivo, o trofeo en categoría masculina foi para o club local, o Club Remo Ría de Marín, que logrou revalidar o título acadado na anterior edición. Pola súa parte, o Club Remo Puebla alzouse coa vitoria na categoría feminina. Ambos os dous colectivos foron os que máis tripulacións presentaron en Mogor (26 e 29 respectivamente), xunto ao Club Remo Tui, que tamén participou con 26 embarcacións.

Equipo organizador

A organización  amosou a súa satisfacción polo volume de inscritos e o bo transcurso da xornada, agradecendo o traballo dos voluntarios, o apoio institucional do Concello de Marín e da Diputación de Pontevedra, do patrocinio de Ence Plan Social, Nodosa, Pescaderías Marinenses  e Codisoil e a colaboración dos clubs participantes.

 

roslev