Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A sede social de "Estrela de Marín" acolle unhas xornadas de formación en I.A. para mellorar o seu aproveitamento no funcionamento dos negocios

Carriola.Jonathan Carreira (*).06.10.26

julio@carriola.es

"Estrela de Marín" leva a intelixencia artificial á estratexia do comercio local organizando do 6 ao 9 unha nova formación práctica para mellorar a competitividade, a planificación e a toma de decisións dos negocios.

Jonathan Carreira

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín continúa coa súa aposta pola formación e a dixitalización do comercio local cun novo curso de "IA aplicada – Nivel Estratéxico", que se desenvolverá os días 6, 7 e 8 de outubro, de 08.30 a 09.45 horas, na sede social da entidade.

A actividade está dirixida a comerciantes que queiran dar un paso máis no uso da Intelixencia Artificial e incorporala non só á comunicación ou á creación de contidos, senón tamén á xestión e á toma de decisións do negocio.

Durante as tres xornadas traballaranse aplicacións prácticas da IA para identificar produtos máis rendibles, detectar oportunidades comerciais, planificar promocións, preparar campañas estacionais ou mellorar a organización de diferentes tarefas do día a día.

O programa abordará tamén a utilización da Intelixencia Artificial como ferramenta para diferenciar o comercio local, definir mellor a proposta de valor de cada establecemento e personalizar a comunicación cos clientes.

Un dos principais resultados da formación será a elaboración por parte de cada participante dunha folla de ruta para os seguintes 90 días, establecendo prioridades, accións concretas e indicadores que permitan comprobar os resultados obtidos.

Esta nova acción formativa pretende que os comerciantes poidan utilizar a IA como unha ferramenta real de apoio ao negocio, que permita aforrar tempo, analizar mellor a información dispoñible e adoptar decisións de maneira máis áxil.

 A iniciativa forma parte do programa de formación que o CCA está a desenvolver para favorecer a modernización, dixitalización e competitividade do tecido comercial de Marín.

 As inscricións poden realizarse a través da web de Estrela de Marín, en Inscrición curso

A actividades formativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Marín.

(*) Jonatán Carreira dircctor xerente de Estrela de Marín

roslev