Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín denuncia roubos reiterados de preto de 800 metros de cable do alumeado público

Carriola. Redacción. 09.10.2026

As subtraccións afectan ao Calexón do Inferniño, á Estrada da Raña e ao Camiño de Raposeiras. O Concello presentou catro denuncias e pide colaboración cidadá mentres estuda a reposición do servizo con medidas de protección

O Concello de Marín vén de presentar catro denuncias ante a Policía Nacional polos roubos reiterados de cable do alumeado público municipal detectados durante os últimos 20 días na contorna do Calexón do Inferniño, a Estrada da Raña e o Camiño de Raposeiras. As subtraccións, que se produciron de maneira continua e reiterada, afectan a preto de 800 metros de cable.

Na Estrada da Raña, a zona afectada abrangue o tramo comprendido entre o cemiterio e a piscina municipal. Estes roubos prexudican o funcionamento dun servizo público esencial e provocan problemas de iluminación nas vías afectadas, co conseguinte trastorno para a veciñanza. Denuncias e dispositivos de vixilancia nocturna Ademais das denuncias interpostas ante a Policía Nacional, a Policía Local está a colaborar nas actuacións, con dispositivos de vixilancia nocturna na contorna afectada. O Concello solicita tamén a colaboración cidadá e pide que calquera persoa que observe movementos ou comportamentos sospeitosos relacionados coas instalacións do alumeado público o poña en coñecemento da Policía.

A información que poida achegar a veciñanza pode resultar útil para esclarecer os feitos e evitar novas subtraccións. Reposición do alumeado e protección da instalación Os servizos municipais están a estudar a forma de repoñer o alumeado á maior brevidade posible, incorporando algunha protección ou elemento que dificulte ao máximo que o cable poida volver ser subtraído. O obxectivo é recuperar o servizo nas zonas afectadas e reforzar a protección da instalación fronte a novos roubos. Desde o Concello agradécese a colaboración da veciñanza para contribuír ao coidado das infraestruturas públicas

roslev