Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Dez anos sen Xan

NA SEMANA DE HOMENAXE A XAN MONTENEGRO VILLANUEVA

Carriola. Julio Santos Pena. 23.06.21

 Xan Montenegro foi un personaxe singular; nin mellor nin peor que ninguén, que tampouco quería ser, pero un home aferrado aos seus sentimentos, amigo dos seus amigos e defensor dos seus ideais contra vento e marea, que durante a súa vida había moito vento e moita marea en contra.

Hai dez anos que nos falta Xan e parece que foi onte o seu pasamento e os seus amigos e compañeiros nacionalistas deste noso pobo réndenlle unha homenaxe ao pe do monumento que lle ergueron na beirarrúa da estrada que vai a Figueirido, a altura, mais ou menos da súa  casa nun terreo do Luxo.

Durante varios anos tiven a honra de ler unhas verbas na súa lembranza, para mín inesquecible porque, moitas veces compartín con Xan conversas e debates de amigos, non sempre de acordo,  e non deixa de ser éso un  pouso de querencia interrompida polo destino de cada quen.

E non querendo que pase esta semana na que se lle rendiu unha nova homenaxe, vou reproducir a continuación o texto do meu derradeiro discurso lido en xuño de 2019 na súa honra ao pe do seu monumento. Descanse en paz Xan Montenegro.

 Inesquecible Xan Montenegro. Parece que foi onte o seu pasamento, porque non é doado esquencer a súa figura omnipresente polas rúas de Marín deixando o selo inequívoco da súa personalidade. A imaxen do seu sempiterno sombreiro alado, (imaxen impresa en moitos puntos por mans amigas), é a presencia da personalidade do bo Xan, do loitador inesgotable, do respectuoso irreverente, do polémico nacionalista que sempre apareceu ao fronte da calquera reivindicación polas causas xustas, sen medos e sen desbotar ninguna posibilidade de facer presente a súa idea de xustiza e de compañerismo cos máis precisados de comprensión e axuda.

Foi inesquecible o exemplo de Xan na superación ano a ano, mes a mes, día a día, daquela tremenda realidade do último tramo da súa vida. Nin a mala saúde que o mantivo  en vilo durante anos; nin o disgusto permanente, (xa daquela),  da desfeita do nacionalismo local, polo que tanto loitou neste pobo, restáronlle forzas para manter a súa bandeira de loitador polos ideais tanto propios como dos moitos amigos cos que fixo corpo de ideas e de ilusións.

Os que tivemos a ocasión de conversar con él moitas veces ao arrecendo dun eterno café no Carballinés, sabemos que tiña nos seus beizos o acedo sabor da realidade só aminorado polo compañerismo dun bo feixe de nacionalistas que, como él, sufriron aquela inxustiza, aquela deriva que tomaban as ilusións que, ao final, viñeron dar, (ben se viu nas urnas recentemente), á realidade dun total fracaso.

Daquela, calquera na súa situación caería no erro de deixarse ir pola derrota máis comprensible ante a realidade dun fin próximo e coñecido para quen é conscente de que, a vida propia, pendura dun fio. Xan mantivo sempre o orgullo de vivir día por día. Con frecuencia aseguraba non ser creente pero admitía a diversidade de pensamento dos demáis. 

 Ben sei que cada xornada agradecía a superación dun día máis neste mundo gozando do seu pobo, dos seus amigos. Na súa mente, sempre presentes as “Lucindas” e orgulloso da xente da casa.

E engadía ás súas ansias a permanente loita polo que consideraba xustiza común dos máis débiles enfrentados ou esmagados  polas indolentes forzas superiores que moitas veces pasan como unha apisonadora sen mirar o case sempre irremediable mal que fan.

Moitos anos xa levamos mantendo vivo o recordo de Xan; Moitos anos lembrando a presencia da súa singular personalidade que alentou sempre a loita nacionalista a bordo daquel barco que deixou navegando chamado “Marinenses Independentes” que, seguramente, falto do seu incombustible espíritu  permanente, perdeuse en mareas e mares  cada vez máis revoltos do mundiño político dun nacionalismo galego e local  incomprensibles, onde quedan moi poucos grupos e moi pouca xente sinceira e quen de alumear,  (ainda que as veces sexa cunha sinxela candea), na oscuridade na que moitos veciños e moitos galegos, atópanse á hora de valorar a representación que merecen.

Hoxe, ante este agarimoso e significativo monumento ao amigo Montenegro, teño desexo de transmitirvos a personal sensación de que Xan estará sentindo unha total contrariedade.

Él, que sufriu en primeira liña a inxusta desfeita do Bloque no que fora verdadeira referencia;

Él, que mirou con esperanza mariñeira a botadura do novo barco “Mar-In” rumbo a novos horizontes da política local;

Él, que alumeou o camiño para que aquel animoso grupo se mantivera presente nese campo de batalla política onde era máis precisado que nunca, sós ou acompañados, pero con identidade propia, con aquela identidade pola que loitou ilusionadamente, apaixoadamente,   con forza e ainda sufrindo o que sufriu e todos vos sabedes ben ao que me estou referindo, tense que sentir, por forza, cando menos, contrariado.

            Foi Xan un dos bos e xenerosos. Deixounos o seu exemplo de desprendemento propio na loita diaria mentras estivo neste mundo e, ainda máis alá, quixo que o seu magoado corpo, vencido pola enfermidade, quedara a disposición da ciencia nun exemplo de xenerosidade sen límites.

            Nembargantes, estou seguro de que o noso Xan, alá onde se atope, con Broullón e Saturno ao seu carón, ha facer o que poida para transmitir a forza precisa para que, algún día, alguen recolla o facho que deixou co seu exemplo vital na defensa do nacionalismo, no que cría con todas as súas forzas, e o mantivo enérxico e seguro ata o último suspiro dos seus pulmóns.

            Que sigamos lembrando a Xan cada ano ao pé deste monumento é o símbolo da esperanza de que se cumplan os seus eternos desexos. Non deixemos que caia no esquecemento. Sería a maior inxustiza para co seu exemplo de vida.

           

 

roslev