Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Seixo se manifestará el viernes nueve de julio contra el hipotético cierre del centro de salud

La asamblea de colectivos decidió organizar la movilización para exigir también el mantenimiento de la sucursal de Abanca

Carriola.Redacción.02.07.21

 Las asociaciones y colectivos de Seixo que conforman una plataforma reivindicativa, en su  última asamblea celebrada el pasado miércoles, han decidido movilizaciones que la portavoz del colectivo Iria Aboi, explica en esta not de prensa:

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo que agrupa a máis de 15 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, acordou na súa xuntanza do mércores 30 de xuño, convocar unha manifestación en defensa do Centro de Saúde de Seixo e contra os recortes na sanidade pública, despois das ameazas da Xunta, a través da xerencia da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés e o Sergas, de pechar o Consultorio de Seixo.

Dende a Plataforma alertamos de que a Xunta pretende desmantelar este servizo público en Seixo, aproveitando a xubilación dunha das prazas de enfermaría e a xubilación dun dos médicos prevista para mediados de agosto. Neste momento, en Seixo, a auxiliar xa está compartida con Marín e só acode unhas horas, e aínda que a praza de enfermaría foi cuberta de xeito temporal, cun contrato de acúmulo que asina de mes en mes, en calquera momento pode ser obrigada a ir a outro centro.

A xestora da Plataforma entende que a día de hoxe tanto na praza de enfermaría como de medicina, non hai garantía ningunha de que ambas as dúas xubilacións vaian ser cubertas con persoal, de xeito permanente e considera inxustificada e irresponsábel esta decisión da Xunta xa que, a diferenza do que ocorría noutros lugares como Marín, o Centro de Saúde de Seixo estivo funcionando con normalidade durante toda a pandemia, o que foi valorado positivamente por parte de toda a veciñanza, e con esta decisión vaise deteriorar a calidade asistencial nas parroquias e, tamén, no Centro de Saúde de Marín, que aínda non ten asistencia presencial, nin cubertas todas as necesidades de persoal e onde hai dificultades serias para conseguir unha simple cita.

Con máis persoas concentradas no Centro de Saúde de Marín, a asistencia sanitaria será peor, cando o que se debera é, por unha banda, reforzar a Atención Primaria para atender as doenzas que a pandemia deixou nun segundo plano, e, pola outra, aumentar os servizos no Centro de Saúde de Seixo de Fisioterapia, Pediatría e Traballo Social.

 

Impacto na vida economicosocial de Seixo

Ademais sinalan que “se a Xunta desmantela o Centro de Saúde de Seixo, terá un impacto na vida económica e social de todas estas parroquias, ao que agora se lle suma o recente anuncio de Abanca de pechar a única sucursal bancaria que queda na zona. Queremos servizos de calidade nas parroquias para que o rural teña futuro, por iso convocamos esta manifestación porque, evitar o peche do Centro de Saúde é prioritario.

Do mesmo xeito, ínstase ao goberno municipal de Marín a tomar este problema en serio e a actuar facendo toda a presión necesaria diante da Xunta para que se cubran estas prazas de xeito permanente no Centro de Saúde.

Manifestación  o día 9

Así, a Plataforma vén de convocar a manifestación do día 9 de xullo ás 20:30 h, con saída da gasolineira de Repsol en Seixo, para percorrer varias rúas céntricas e rematar coa lectura dun comunicado e faise un chamamento a participar por parte de toda a veciñanza das parroquias afectadas e tamén do resto de Marín porque na medida en que melloremos a atención sanitaria nas parroquias estaremos mellorándoa en todo o concello.

roslev