Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de vecinos de Seixo busca na Deputación Provincial o apoio ás súas reivindicacións polo centro de saúde

Carriola.Iria Aboi(*).24.07.21

Unha representación da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 18 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, reunímonos con representantes dos grupos provinciais do BNG e PSdG-PSOE na Deputación de Pontevedra, María Ortega e Carlos Font, para expoñer a situación do Centro de Saúde de Seixo e a atención sanitaria á veciñanza como consecuencia dos recortes en persoal da Xunta.

Dende a Plataforma denunciamos que o día despois de que o Conselleiro anunciase que non ía pechar o Centro de Saúde, xa se constataron os recortes e que, as palabras do Conselleiro, eran un anuncio para tentar enganar a opinión pública. Así o 15 de xullo, un dos médicos e a enfermeira fixa marcharon de vacacións e quedamos cun só médico facéndose cargo dos dous cupos e a poboación turista, e unha enfermeira cun contrato de acúmulo que asina mes a mes e non suxeita ao centro de saúde. Unha situación que vai empeorar o 15 de agosto”.

A Plataforma explicoulle aos representantes das formacións na Deputación que Atención primaria da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés comunicou ao Centro que a partir do 15 de agosto, só haberá catro horas de médico para un dos cupos, isto quere dicir que arredor de mil persoas non terán dereito a atención sanitaria no noso centro de Saúde, salvo caso de urxencia, e durante 3 horas non haberá ningún médico no Centro. Se a esas mil persoas non lles van deixar pedir unha cita, entón, como lles van facer seguimento e control das súas doenzas?; como lles van poder solicitar probas diagnósticas se as precisan?; Como van poder ter unha atención sanitaria se non van ter dereito a unha consulta?”

Por parte dos grupos provinciais do PSdG-PSOE e o BNG na Deputación amosouse total apoio ás demandas veciñais de defensa do Centro de Saúde e oposición aos recortes da Xunta na sanidade e coinciden coa Plataforma en que, esta situación non pode ser normalizada, aínda que se dea noutros centros de saúde da provincia e do país e, engaden que ten a súa orixe na deterioro da sanidade pública e, en concreto da atención primaria, que esta a levar a cabo o goberno da Xunta.

Lamentamos que o grupo provincial do PP non dese resposta á petición de reunión e que dende o Concello de Marín sigan dando as costas ás reivindicacións da veciñanza. Finalmente, agradecemos que os grupos provinciais do BNG e o PSdG-PSOE se poñan do lado das parroquias afectadas e que se comprometesen a estudar accións dende o organismo provincial en apoio das súas xustas reivindicacións. Non imos ficar calados ante estes recortes, e teñen previsto novas accións para defender persoal estable no Centro de Saúde e evitar que nos deterioren este servizo básico.”

(*) Portavoz da Plataforma veciñal de Seixo

 

roslev