Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE de Marín asiste no Parlamento Galego á reclamación de medidas contra os peches de Abanca

Insisten na reclamación á Alcaldesa María Ramallo para que se poña ao frente das protestas como fan outros alcaldes

Carriola. PSOE-Marín. 18.09.21

Esta semana representantes do PSOE de Galicia de catorce concellos afectados polo peche de oficinas bancarias de ABANCA reuníronse en Santiago para abordar medidas e accións encamiñadas a presionar á Xunta e ao PP a revertir o peche das oficinas bancarias que tanto dano producen aos seus usuarios e tamén á actividade comercial deses concellos.

Nesa reunión estivo presente Manuel Pazos, o voceiro do PSOE de Marín, para trasladar cómo o peche da oficina bancaria de Seixo está xa repercutindo negativamente na hostalería e comercio da zona e perxudicando aos veciños, moitos deles persoas maiores.Así mesmo acordaron as accións que levarán a cabo dende o PSdeG-PSOE para tratar de que a Xunta e o PP interveñan e exixan á esta entidade financieira a non deixar sen servizo a milleiros de persoas en toda Galicia.

Alcaldesa

Así mesmo Manuel Pazos solicita directamente á alcaldesa María Ramallo “que se poña ao frente ao igual que fan outros moitos alcaldes e pelexe pola continuidade da nosa oficina en Seixo e que non se poña outra vez de perfil como fai co centro de saúde ou o colexio Virxe do Carme. Todos estamos vendo como a presión dos alcaldes xurde efecto e conseguen a reapertura dalgunhas oficinas de ABANCA , ainda que sexa de xeito parcial, mentres que en Marín parece que María Ramallo non está disposta a pelexar por Seixo nin polo rural marinense”.

 Así mesmo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou ao presidente da Xunta que tome medidas para evitar a exclusión financeira e garanta a igualdade de oportunidades dos galegos e galegas dos concellos pequenos e anunciou iniciativas do seu partido para tratar de reverter esta situación.

 

 

 

 

roslev