Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Vinte días de espera para obter unha cita presencial co médico no Centro de Saúde de Marín

Carriola. Lucía Santos Omil (*). 18.09.21

No pasado Pleno municipal demos traslado do estado de precariedade no que se atopan os servizos de atención á cidadanía do Centro de Saúde de Marín. O persoal administrativo do centro de saúde non ten capacidade para poder atender as chamadas telefónicas debido á sobrecarga das súas funcións. Isto conleva unha deficiente atención aos/ás pacientes que precisan facer calquera tipo de consulta ou solicitar cita médica, e como consecuencia provoca que a veciñanza teña que desprazarse ao centro de saúde para ser atendido presencialmente, o que xenera importantes colas de espera a diario ocupando a rúa de acceso ao edificio.

A imposibilidade de atender todas as chamadas telefónicas por parte do persoal do centro de saúde ocasionou situacións realmente complicadas a pacientes que se atoparon en cuarentena por COVID e resultoulles imposíbel contactar co seu médico de familia por teléfono para recibir a alta médica. Ademais disto, durante os meses de verán, e en plena onda de contaxios, persoas que comunicaron estar en contacto directo con contaxios COVID, non recibiron chamada algunha dos rastrexadores para recibir as pautas precisas, o que provocou que moitas destas persoas realizaran o confinamento de xeito totalmente voluntario sen ningún tipo de seguemento.

Para obter unha cita médica co/a médico de familia no centro de saúde de Marín até hai dous días, supoñia esperar máis de 10 días para atención médica telefónica. Dende este pasado xoves no que a Xunta de Galiza restableceu a atención médica presencial despois de 18 meses de atención telefónica a causa da crise sanitaria pola COVID, a espera para obter unha cita presencial co médico de familia ten unha demora de até 20 días. Se falamos de citas médicas para dentista, fisioterapia ou incluso matrona, a demora pode prolongarse até varios meses.

Esta situación resulta inaceptábel para o BNG, xa que a atención primaria é un servizo fundamental para a cidadanía e o persoal continúa traballando ao límite cunha enorme carga de traballo, causando un esgotamento físico e mental insoportábel nos traballadores e traballadoras do centro de saúde.

Por todo isto, Lucía Santos solicitou á alcaldesa que dea traslado da situación na que se atopa o centro de saúde de Marín á Consellaría de Sanidade. Despois de 11 anos de recortes e privatización de servizos que vén aplicando o Sr. Feijoo na sanidade pública, a situación vivida pola COVID está poñendo en evidencia a importancia que ten investir en sanidade pública. A atención primaria do noso país atópase nunha situación moi complicada tras anos de recortes, incrementada como consecuencia das medidas adoptadas, ou da falta de medidas adoptadas, debido á pandemia.Precisamos un sistema sanitario forte e con recursos para poder ofrecer á cidadanía un servizo digno e de calidade.

(*) Portavoz Municipal do BNG de Marín

 

 

 

 

 

 

roslev