The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Policía Local detén a un dos responsables dunha ducia de pintadas na zona do Inferniño

Foron trasladados a comisaría de Policía Nacional, que é quen ten competencias no asunto. Anímase aos posibles perxudicados que presenten denuncia 

Carriola.Redacción. 21.09.21

A Policía Local de Marín identificou e detivo a pasada semana a un dos responsables implicados nas decenas de pintadas que apareceron na zona de Inferniño e cara a zona de Pontevedra, e que crearon danos ao mobiliario público, así como a varios portais particulares. A detención aconteceu a pasada semana en torno ás tres da mañá e, segundo puideron identificar os axentes de seguridade local, había implicados cerca de 12 rapaces. Teñen contabilizadas máis de 25 pintadas en paredes de distintos puntos do tramo urbano antes referido. O detido, tal e como rexe o protocolo, foi levado á comisaría da Policía Nacional, corpo encargado da xestión deste tipo de infracións.

Importante denunciar

Desde a Policía Local, que xa puxo o caso en conocemento da entidade estatal, animan a que todos os veciños e veciñas que se viran afectados polas pintadas, denuncien o seu caso particular ante a Policía Nacional para que quede constancia e, no seu caso, poder esixir as responsabilidades  que haxa lugar.