Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma veciñal de Seixo convoca para a próxima semana novas asaembleas nas distintas parroquias

Denuncian, unha vez máis, a precariedade de atención sanitaria no Centro de Saúde co 50% do personal tras non cobrer as plazas

 

Carriola.Iria Aboi (*).03.10.21

 

Esta semana desde a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 19 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, anunciamos a convocatoria de asembleas veciñais polas parroquias para informar da grave situacíón do consultorio case tres meses despois desde que a Xunta nos deixara cun só facultativo e, tamén, das mobilizacións que na Plataforma temos previstas.

A primeira asemblea terá lugar o martes 5 de outubro no souto do Campo seguíndolle o mércores 6 na Casa da Cultura en Ardán, o xoves 7 na Casa da Cultura de Santomé e o venres 8 na Casa de Cultura de Seixo. Todas as xuntanzas veciñais se realizarán mantendo todas as medidas de seguranza contra a Covid 19 de máscaras e distancia interpersoal.

Denunciamos que se convocan estas xuntanzas veciñais porque se van cumprir os tres meses dende que a Xunta non cobre o médico xubilado, e nos deixou cun só médico en Seixo ao cargo dos dous cupos, polo que estamos falando dun médico para 2.200 persoas, e isto é moi grave. A pesar dos esforzos do persoal que temos no Centro de Saúde por atender as necesidades da veciñanza, e que agradecemos, aumentou moito o tempo de espera para unha cita, cando antes do 15 de xullo non tiñamos lista de agarda no noso centro de Saúde.

Lembramos tamén que dende a Xunta e o Concello tentou venderse esta situación como normal do verán. Na nosa Plataforma non colou e protestamos, pero agora queda demostrado que isto é estrutural. Xa estamos en outubro, se tivesen intención de cubrir o médico xa o terían anunciado para tirar rédito político, pero non hai axenda aberta para segund@ facultativ@ en Seixo. O SERGAS non cubriu as vacacións da enfermeira fixa quince días en xullo e outros quince na segunda quincena de setembro, deixando soa a enfermeira contratada. Así mesmo, esta segunda enfermeira ten un contrato de acúmulo que lle comunicaron que remata o 1 de novembro. Se non a cobren, imos pasar dun consultorio: con dous médicos e dúas prazas de enfermería á metade; cunha auxiliar compartida co Centro de Saúde de Marín e unha celadora que fai de administrativa.”

Lembramos que o Centro de Saúde de Marín tamén sofre os recortes de persoal que se están a dar en toda a nosa Área sanitaria e tamén noutras como a de Vigo. De feito, valoramos positivamente a manifestación do xoves nesa cidade e as mobilizacións doutras Plataformas veciñais que defenden a atención primaria, a presión da xente é o camiño. Non obstante, lamentamos que a Alcaldesa María Ramallo continúe calada ante o deterioro da sanidade pública en todo o concello e non estea exercendo presión do lado da veciñanza ante a Xunta, como si fan alcaldes e alcaldesas noutros lugares con este tema ou co de Abanca, que pechou a única sucursal que nos quedaba en Seixo.

Nestas reunións veciñais, previstas para a vindeira semana, a Plataforma anunciará novas mobilizacións. Estamos a falar de saúde e persoas non de números e estatísticas, se este é o modelo de sanidade pública que nos quere impoñer a Xunta, haberá mobilizacións, non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos.”

(*) Portavoz da Plataforma veciñal de Seixo

 

 

roslev