O evento está programado no ámbito de la celebración do “Marín Graming Fest” e nel competiran 32 participantes
Carriola.Redacción.14.10.21
Os mundos dos videoxogos e da cultura urbana fusionaranse o 6 de novembro na Alameda, cunha batalla de galos na que participarán os 32 mellores freestylers de Galicia.
Os concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaron este evento xunto con Bastián Hermo Buceta, de BhB Galicia, o colectivo organizador, que se enmarcará na celebración do Marín Gaming Fest, afianzando unha fin de semana adicada á poboación moza apaixoada da cultura gamer e urbana.
O Marín Gaming Fest, xa anunciado e que será no recinto do Pabellón da Raña, terá continuación na Alameda de Marín coa celebración dunha nova edición do Best Hit Battles, un evento de batallas de freestyle que fará vibrar coa mellor improvisación urbana á vila o 6 de novembro, a partir da 19.00 horas.
Segundo explicou Hermo, haberá 32 participantes freestylers que “loitarán” na pelea de galos, “e que son do top de Galicia, destacando incluso algún nome, como o de Le33, que compite en probas tan importantes como as de RedBull. Serán: Acrox, Hugo, Gabri, Anxo, Jota, Simm, Nantes, R3, Le33, Sozat, Junay, Take, Markest, Berros, Adriano, Azek, Alanbur, Ruvix, Russo, Charly, Galez, Calles, Souk, Tripo, Marck, Frn, Hastro, Pumares, Ykiam, Thork, Perry e Galio completan o cartaz de freestylers.
A música do evento correrá a cargo de “DJ Affair” e os xuíces serán Basti, Hero, Polo, Yosua e Drevil. O speaker será Claudio e D. Campos e Ihria encargaranse da cámara e das fotos.
Os moitos aficionados ao mundo dos videoxogos estarán de noraboa con este singular evento que, no caso de que chova, trasladarase a algún sitio cuberto.