Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia anuncia a programación de actos do derradeiro trimestre do ano

Mañá venres falará Gaspar Bernárdez sobre “As Árbores dos Parques de Marín e o cambio climático” e continúa a exposición de Juan Carlos Epifanio Lemos sobre "Fauna Galega e cambio climático"

 Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.21.10.21

Despois de tantos meses de pseudo-hibernación das nosas actividades por mor da situación epidemiolóxica, por fin voltamos ao formato presencial. Temos programadas exposicións, charlas, concertos, actividades lúdicas para os/as cativos/as, etc.

Por outra banda recordamos que mañá venres, 22 de outubro ás 20:00 horas no Ateneo Santa Cecilia haberá unha charla-coloquio da mán de Gaspar Bernárdez Villegas sobre "Ás árbores dos parques de Marín e o Cambio Cliimático", dentro da programación polo Día Internacional contra o Cambio Climático, e a que estades convidados/as.

Derradeiro trimestre do ano

Adiantamos a programación que o Ateneo ten preparada para estes tres derradeiros meses do ano que serà a seguinte

OUTUBRO 

Do 18 ao 30 outubro 

EXPOSICIÓN: A fauna galega diante do cambio climático 

Fotógrafo: Juan Carlos Epifanio Lemos 

Os vernes no Ateneo

Día 22, Venres, as  20:00 horas 

CONFERENCIA: As árbores dos parques de Marín e o cambio climático 

Gaspar Bernárdez Villegas 

Día 29, Venres, as - 20:00 horas
  CONVERSAS: “O Patrimonio Audiovisual” 

Carlos Prado Pampín (La Sexta) & Pablo Lago Pita (RNE) 

 NOVEMBRO 

Do 9 ao 20 novembro 

EXPOSICIÓN PINTURA

Artista: Carlos Puch 

 Os vernes no Ateneo

Día 5 ás 19:00 horas 

ACTUACIÓN INFANTIL - Pallaso Pampín Palomero 

Día Internacional do Pallaso 

Día 12 ás 20 horas

 CONFERENCIA: Centenario Xeración NÓS
   Francisco Calo 

 Día 18, ás 20:00 horas 

 CONFERENCIA: O Patrimonio da Humanidade en Galicia 

 ACTOS CELEBRACIÓN 69º ANIVERSARIO ATENEO SANTA CECILIA

Do 22 de novembro ao 4 decembro 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 

Retrospectiva do Ateneo Santa Cecilia 

Día 26 ás 20:00 horas
  CONCERTO - Pequena gran compañía 
  Lugar: IES Illa de Tambo 
 Día de 3 decembro, ás 20:00 horas 

CONCERTO - Eva Pico   

Lugar: Multiusos da Praza de Abastos

 

 

 

roslev