Carriola.Informa Asociación Gaming Troop.24.10.21
Achégase o I Marín Gaming Fest e moitos dos torneos que formarán parte do evento de videoxogos da nosa vila comezan a reducir o número de prazas dispoñibles. Para o torno de Smash hay 57 inscritos polo que quedan só cinco prazas dispoñibles
No caso da League of Legends hai inscritos 22 equipos, o que suma 110 participantes aproximadamente e hoxe, domingodía 24, remata o período de inscrición para este xogo, ca que a fase online de clasificación comezará xogarse este luns. As quendas de xogo organizaranse de xeito aleatorio e automático a través da plataforma de inscrición. Os equipos aos que lles toque xogar na primera ronda serán avisados para que acorden o día e a hora exacta na que desputarán a partida.
Cinco prazas para Fortnite e premios para Fifa21
No que respecta ao Fortnite, só quedan 5 prazas vacantes, xa que hai 55 inscritos ata o momento. E, finalmente, para Fifa21, hai 18 inscritos, polo que desde a organización animan a que os seareiros se anoten porque hai en xogo tres premios, con 50 euros no caso do primeiro posto.
Retransmisión e inscripcións
Todos os torneos serán retransmitidos a través da canle de Twitch de Gaming Troop www.twitch.tv/gamingtrooppontevedra e para las inscricións, pode accederse á plataforma a través deste link: https://linktr.ee/gaming_troop
Concurso de cosplay
Por outra banda, desde Gaming Troop avisamos de que virán dous fotógrafos para inmortalizar ás persoas que participen no concurso de cosplay e contartase coa presenza como convidada dunha cosplayer local, Sandra Garo (https://www.instagram.com/unskilledprojects/)