The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca o tradicional concurso de Postais e contos de nadal

Carriola..Redacción.31.10.21

Centos son les nenos e nenas que cada ano participan no concurso de postais e contos de Nadal cos que se enchen os muros da sede da asociación nunha enorme exposición de arte infantil e xuvenil relacionado co empo navideño. Un ano máis a asociación cultural por excelencia de Marín volve a facer a chamada aos rapaces para que preparen con tempo os seus traballos e os presenten ao concurso que ten estas bases, según este comunicado do propio Ateneo:

 Un ano máis, publicamos as bases do CONCURSO DE POSTAIS E CONTOS DO NADAL 2021 do Ateneo Santa Cecilia, dirixido os/as escolares dos centros educativos da zona de Marín.  Este ano contamos coa novedade de engadir unha nova categoría, a de Educación Especial, que se ben é certo que sempre participaban e dábanse accésit aos mesmos, non había una categoría oficial. Polo tanto, en total haberá 5 categorías de premios para cada un dos Concursos (Contos e Postais)

BASES DO CONCURSO DE CONTOS DE NADAL 2021

PRIMEIRA: Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Marín.

CATEGORÍA A) 1º e 2º de Primaria

CATEGORÍA B) 3º e 4º de Primaria

CATEGORÍA C) 5º e 6º de Primaria

CATEGORÍA D) ESO

CATEGORÍA E) Educación Especial

SEGUNDA: A TEMÁTICA dos contos desenvolverase arredor do tempo do Nadal tal e como cada autor/a o conciba na súa imaxinación.

TERCEIRA: Os contos deberán ser ORIXINAIS e INÉDITOS, no idioma galego, non tendo sido premiados noutros concursos anteriormente.

CUARTA: A extensión MÁXIMA non deberá superar os dous folios A4.

QUINTA: Os traballos poderán presentarse con todos aqueles elementos decorativos que o autor/a considere oportunos, MANUSCRITOS, con letra ben lexible. Será valorada positivamente a corrección ortográfica en cada caso. O nome do autor non debe figurar no traballo.

SEXTA: O prazo de entrega será ata o venres, 10 de decembro de 2021 no Ateneo Santa Cecilia de 17:30 a 20:30 horas (Rúa do Forno, 42 -baixo).

SÉTIMA: Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado onde incluirá outro sobre de menor tamaño, tamén pechado, que conterá os seguintes datos do autor/a: nome e apelidos, idade, curso, colexio, dirección postal ou correo electrónico e teléfono. No exterior do sobre deberá figurar a letra que designa a súa categoría e un alcume, o mesmo que irá no traballo.

OITAVA: Haberá TRES PREMIOS nas categorías A, B, C e D.

1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 3º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 €.

Na categoría E, haberá DOUS PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €.

NOVENA: Os premios entregaranse o mércores dia 22 de decembro ás 19:00 horas na sede do Ateneo Santa Cecilia, si as circunstancias epidemiolóxicas o permiten.

DÉCIMA: O xurado estará presidido por un/ha representante da Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia e persoas especialistas en lingua e literatura galega. Valorarase a orixinalidade e o esforzo creativo.

UNDÉCIMA: Os dereitos de propiedade dos contos gañadores, así como os orixinais, quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia, que reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro. Non obstante, o Ateneo comprométese a devolver os traballos non premiados por petición dos/as interesados/as.

DUODÉCIMA: Os vales dos premios caducan aos 30 días da súa entrega aos/as premiados/as. A PARTICIPACIÓN NESTE CONCURSO IMPLICA A TOTAL ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES. 

 BASES CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021

PRIMEIRA: Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Marín.

CATEGORÍA A: Educación Infantil

CATEGORÍA B: 1º. 2º e 3º Primaria

CATEGORÍA C: 4º, 5º e 6º Primaria

CATEGORÍA D: ESO

CATEGORÍA E: Educación Especial

SEGUNDA: As obras presentaranse nunha dimensión máxima de tamaño folio A4. O tema dos debuxos será libre, pero sempre relacionados co Nadal.

TERCEIRA: Presentarase un debuxo por neno/a. Cada postal deberá ter escritos pola parte traseira os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, colexio onde cursa estudos, curso, dirección postal ou correo electrónico e teléfono.

CUARTA: O prazo de entrega será ata o venres 10 de decembro de 2021 no Ateneo Santa Cecilia de 17:30 a 20:30 horas (Rúa do Forno, 42 - Baixo)

QUINTA: Haberá TRES PREMIOS nas categorías A, B, C e D: 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 3º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 €.

Na categoría E, haberá DOUS PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €.

SEXTA: Os premios entregaranse o mércores dia 22 de decembro ás 19:00 horas na sede do Ateneo Santa Cecilia, si as circunstancias epidemiolóxicas o permiten.

SÉTIMA: Os debuxos orixinais quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia, que reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro. Non obstante, o Ateneo comprométese a devolver os traballos non premiados por petición dos/as interesados/as.

OITAVA: O xurado estará presidido por un/ha representante da Xunta Directiva do Ateneo e persoas do mundo artístico do Concello. Valorarase a orixinalidade e o esforzo creativo do debuxo, a adaptación técnica á idade do neno/a, a calidade técnica e o valor artístico dos traballos, así como a adaptación ao obxecto do concurso.

NOVENA: Todas as postais presentadas formarán parte da mostra que estará exposta ao público no local do Ateneo Santa Cecilia dende o día 20 de decembro ata o día 10 de xaneiro.

DÉCIMA: Os vales dos premios caducan aos 30 días da súa entrega aos/as premiados/as. PARTICIPACIÓN NESTE CONCURSO IMPLICA A TOTAL ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES.