Carriola.Informa Monte Pituco.12.11.21
A imaxen de Xan Montenegro aínda está moi presente en Marín a pesar dos dez anos que pasaron xa, e parece que foi onte, do seu pasamento. Personaxe controvertido pola súa teima de defender os ideais que tiña perfectamente definidos dentro das loitas sociais que consideraba necesarias para defender e defenderse das inxustizas e loitador incansable alí onde consideraba preciso un esforzo común, fixeron de Montenegro un indispensable en canta reivindicación xurdiu pola contorna. Xan é este ano o eixo das “V Xornadas pola protección e posta en valor do Patrimonio de San Xián” que oraniza o colectivo Monte Pituco
Hoxe comezan en Marín as V Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián organizadas polo Colectivo Monte Pituco (Pornedo), co lema "Xan Montenegro, in memoriam", no seu décimo cabodano. De 18:30 a 19:30 horas poderase visitar unha exposición fotográfica na galería do Multiusos do Mercado cunha trintena de imaxes da súa traxectoria vital e do seu activismo social, político e cultural. Ás 20:00 horas realizarase unha charla na Biblioteca Pública coa participación da súa irmá, Lucinda Montenegro, e do seu amigo Xosé Vilas.
As V Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, que contan co apoio da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia, enmárcanse nos actos arredor do Día Mundial do Patrimonio Cultural, que se conmemora cada 16 de novembro.
O obxectivo destas actividades é homenaxear a figura de Xan Montenegro, que fora presidente da Asociación de Veciñas e Veciños de San Xián, militante nacionalista, promotor de iniciativas vencelladas á memoria histórica, colaborador de varias entidades ligadas á cultura -Entroido marinense, Festa do Palleiro, tradición mariñeira do Morrazo...- e firme defensor dos xacementos arqueolóxicos de San Xián en xeral e do Monte Pornedo en particular, un espazo ao que se refería como "o balcón da ría".
Xan y Saturno denunciando en rueda de prensa supuestos manejos del BNG por los que abandonaron el partido
Mañán sábado andaina polas pegadas de Xan
O programa das V Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián tamén inclúe unha ruta de sendeirismo por diversos lugares de San Xián que se celebrará este sábado. Con saída ás 10:00 horas dende o adro da igrexa parroquial, percorrerá Viñas Brancas, O Carballal e algúns dos muíños que se atopan no sendeiro que bordea o rego do Lameira ata o Lago de Castiñeiras, para retornar ao punto de partida a través de Pelagartos, onde antano se localizaron achados vencellados a un posible asentamento prehistórico.
Exposición de recuerdos fotográficos de Xan en la Plaza de Abastos
Historial das Xornadas
As xornadas impulsadas polo Colectivo Monte Pituco (Pornedo) comezaron en novembro de 2017 como unha nova etapa no labor desta agrupación veciñal tras conseguir que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en senllas sentenzas firmes, anulara a clasificación do Pornedo como solo industrial no PXOM de Marín e a inclusión dese proxecto no Plan Sectorial de Áreas Empresariais da Xunta.
A primeira edición contou co divulgador Antonio Costa, especialista na técnica da reconstitución dixital 3D aplicada aos xacementos rupestres. Seguiulle ao ano seguinte o equipo xurídico que acadou as devanditas vitorias xudiciais. En 2019 desenvolveuse un monográfico sobre o mestre e experto en arqueoloxía Carlos Paratcha e o pasado ano o Museo Manuel Torres acolleu unha exposición retrospectiva co gallo do décimo aniversario do Colectivo Monte Pituco (Pornedo).