Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.11.11.21
Tal como vimos anunciando en Carriola de Marín, hoxe, a partir das oito da tarde terá lugar a conferencia que pronunciará Francisco Calo Lourido sobre o Centenario da Xeración NOS, unha efemérides que leva un ano de retraso porque debería ser celebrada no 2020 pero non se puido por mor da pandemia que todo o paralizou. O Ateneo mantivo pendente este acto na súa programación e hoxe fai unha invitación especial a quen desexe escoitar ao experto conferenciante que destacará a importancia do grupo de persoeiros que formaron esta xeración para a Cultura galega.
A entrada na sala de charla é libre ata completar aforo.
Exposición de Carlos Puch
Quen asista á conferencia de Calo Lurido terá tamén a oportunidade de contemplar a obra de Carlos Puch, pintor vigués que ata o día 20 de este mes de novembro ten expostos os seus cadros na propia sala de actos do Ateneo, mostra que durante o día da semana pódese visitar tamén de martes a venres pola tarde e os sábados pola mañá.