Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A exposición de imaxes de recordo dedicada a Xan Montenegro poderase visitar hoxe no multiusos ás 19 horas

Carriola.Redacción.16.11.21

 “Xan Montenegro Alma do Balcón da Ría” é o título da exposición que se atopa no multiusos do mercado contendo unha trintena de reproduccións fotográficas que recordan a personalidade de Xan Montenegro finado hay dez anos e ao que “Monte Pituco” lle adica as “Xornadas do Parimonio” este ano

A galería do Multiusos anexo ao Mercado de Marín acolle a exposición fotográfica "Xan Montenegro: alma do balcón da ría", unha das actividades do Colectivo Monte Pituco (Pornedo) que conforman o programa das V Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián dedicadas á memoria do activista social e cultural, que presidiu a Asociación de Veciñas e Veciños da parroquia.

Hoxe martes, co gallo do Día Mundial do Patrimonio, a exposición abrirá as súas portas ao público de 19 a 20 horas para que as persoas interesadas poidan achegarse, a través da trintena de imaxes cedidas pola familia e pertencentes ao arquivo do seu amigo Xosé Vilas, á figura de Montenegro.

O “Colectivo Monte Pituco” anuncia, por outra banda,  que a partir da próxima edición as Xornadas de Patrimonio de San Xián levarán o nome deste activista cultural marinense

 

roslev