Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello convoca un segundo concurso de ambientación navideña para comercio hostalaría e vivendas

Carriola.Redacción.17.11.21

Despois da notable e notoria participación na primeira edición do concurso de ambientación navideña que animou a comercios hostalaría e vivendas a ofrecer un ambiente navideño común, o concello repite convocatoria na confianza de que haberá a mesma ou unha maior participación.De novo, haberá tres categorías: comercio, hostalaría e vivendas, e dous premios en cada unha, ademais dun sorteo entre os participantes.

 Bases de participación

As bases para participar neste concurso contemplan que as decoracións deberán estar expostas desde o dóa 10 de decembro ata o seis de xaneiro establecéndose tres categorías:

  • COMERCIO: Valorarase en conxunto o mellor escaparate e interior dos comercios e negocios participantes, que terán que estar ubicados no termo municipal.
  • HOSTALARÍA: Valorarase tamén a mellor entrada e interior do establecemento, tendo en conta tamén ventanais. Só poderán participar locais ubicados no termo municipal.
  • VIVENDAS: Establécense dúas modalidades dentro desta categoría.
    • Comunidades de veciños: deberán decorar as entradas principais dos seus edificios e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Vivendas unifamiliares: de novo, a decoración tanto de fachadas como xardíns que sexan visibles dende a vía pública.

 Haberá que usar elementos decorativos tradicionais do Nadal e os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados, sempre que non se modifique a decoración que concursa.

Inscricións de participantes

O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 10 de decembro. Para participar, será preciso encher o anexo que se poderá encontrar na páxina web do Concello (www.concellodemarin.es) ou no Rexistro municipal. O anexo cumplimentado poderá presentarse igualmente de novo ou no rexistro ou a través da sede electrónica.

 Premios por categorías

 En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.

 O xurado estará composto pola alcaldesa do Concello de Marín ou a persoa na que delegue, un representante da Concellaría de Festas, outro da de Cultura e outro da de Comercio, un funcionario municipal e representantes veciñais de Marín.

 

Valorarase que os adornos conteñan motivos alusivos ás festas, que haxa boa iluminación (preferentemente LED), a orixinalidade e a singularidade e a utilización de material reciclado. O fallo do xurado realizarase o luns 28 de decembro.

 

roslev