Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Matilde González Méndez falará mañá no Ateneo sobre o tema O Convenio de Patrimonio Mundial na salvagarda do legado da humanidade

 Carriola.Informa Ateneo.17.11.21

O Ateneo Santa Cecilia convida este xoves 18 de novembro as 20.00 h á Conferencia que con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial nos vai ofrecer a prestixiosa arqueóloga marinense MATILDE GONZÁLEZ MÉNDEZ, baixo o título de "O convenio de Patrimonio Mundial na salvagarda do legado da humanidade"

MATILDE GONZÁLEZ MÉNDEZ

Arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia (1999) pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese centrada na "Revalorización e difusión do patrimonio".

Entre 1991 e 2000 foi membro do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe, daquela do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela, dedicada ao estudio do neolítico e, posteriormente, a avaliación de impacto arqueolóxico e a revalorización do patrimonio, ámbito no que sería responsable da Área de difusión e revalorización. Entre os traballos aquí abordados pódese destacar a coordinación técnica da Redacción do Plan director do Castro de Elviña, concello da Coruña.

 Dende 2001 profesional libre dedicada, fundamentalmente, á revalorización do patrimonio cultural: proxectos e execucións de adecuación de sitios para a visita, musealización de xacementos, elaboración de materiais de difusión, etc. Pódense destacar neste ámbito:

       - a musealización do Castro de Vigo
       - a proxección da Área Arqueolóxica dos petroglifos de Tourón (Ponte Caldelas)
       - a concepción e deseño do programa museolóxico e museográfico do Centro de visitantes
         da vila romana de Toralla (Vigo) ou a ruta de muralla moderna de Vigo
Combina esta labor coa docencia en cursos de especialización e másteres. Membro de HERITY Internacional, ONG para a avaliación da calidade na xestión de monumentos abertos ao público, entre 1998 e 2013, sendo avaliadora de diferentes sitios (museos, parques arqueolóxicos, igrexas...) en Roma, Cerdeña ou Zaragoza.

Autora de dous libros e diversas publicacións sobre calidade, xestión e revalorización do patrimonio ostenta o Premio Galega Destacada 2009, da Asociación Diálogos 90 de Vigo, en recoñecemento á traxectoria profesional.

A entrada será libre pero coa observancia das medidas anticovid habituais.

 

 

roslev