The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Catorce comercios marinenses participarán na Primeira Edición Exponadal Marín os días 3,4 e 5 de decembro

Carriola.Redacción.24.11.21

A I Edición de “ExpoNadal Marín” , celebrarase os días 3, 4 e 5 de decembro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, baixo unha carpa de 40*10 metros, na que participarán 14 comercios da vila.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e a Presidenta e Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Dª Isabel Torres e Yonathan Carreira, presentaron esta mañá a I Edición de “ExpoNadal Marín”.

Do 3 ao 5 de decembro, celebrarase a primeira edición deste evento comercial, que ten como obxectivo fundamental, facilitar as compras de nadal aos clientes que nos visiten nestas datas.

Catorce postos de comerciantes locais

Aproveitando a carpa que instalará o Concello na Alameda con motivo das actividades de nadal, montaranse 14 stands modulares de madeira de pino, ocupados todos eles por establecementos comerciais da nosa vila. Espazo Lector Nobel, Servilar, Milyuntrapitos, Nayma Moda Mujer, Nayma Moda Complementos, A mi Love, Bambino, Carmencitas, Toscana Store, Infinity Shop,Tamara Onlinee, Labores y Patchwork, Bule Bule e Almalibre. Que ofreceràn aos clientes artigos de moda home, muller, moda infantil, lencería, complementos, decoración do fogar, mercería, calzado, calzado infantil, bisutería, papelería, material escolar, librería e xoguetería

O horario do evento será de 11 a 21 e a entrada será gratuíta.

Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será  obrigatorio. Habilitaranse un punto de entrada e outro de saída, nos cales haberá persoal de seguridade que contará con dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas existentes no interior da carpa, así como o control da capacidade máxima permitida na citada instalación.O aforo permitido, descontado o persoal que traballará nos stands, será de 150 persoas e poderase coñecer a tempo real o aforo da carpa, a través dun enlace web  que se fará público a vindeira semana. Ademáis, tanto na entrada como na saída, instalaranse dispositivos con xel hidroalcohólico.

Agradecemento

Desde “Estrela de Marín” queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta I Edición de ExpoNadal Marín, xa que nos cede o uso da carpa e encárgase do suministro eléctrico e da da tarima e moqueta.