Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.25.11.21
Este venres 26 de novembro as 20:00 h no Instituto Illa de Tambo de Marín con entrada libre ate completar aforo poderemos disfrutar de un extraordinario concerto a cargo de este tándem musical formado por Sergio Ariel Rodríguez e Amor Herrera, un dúo cubano arxentino con unha gran formación e experiencia musical.
Ambos actuaron en diversas formacións musicais tanto en América como en Europa, realizaron xiras por máis de 30 países e teñen varios discos editados. Desde fai uns 15 anos asentáronse en Galicia onde realizan actuacións por toda a nosa xeografía. Agora, na súa segunda vez en Marín, vannos presentar o seu último traballo "Tandem", unha mestura de música pop, baladas, rock español e internacional para cantar, emocionarse e disfrutar da música.
"La Pequeña Gran Compañía" formouse no ano 2010 co obxectivo de integrar o maior numero de ramas das artes posibles nun espectáculo, un repertorio variado, aberto e accesible a tódolos públicos incorporando un toque de humor que fai que os seus concertos sexan moi amenos, cércanos e interactivos.