The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de defensa do Centro de Saúde de Seixo síntese excluida dunha reunión mantida pola alcaldesa co xerente da área sanitaria

Carriola.Iria Aboi (*).26.11.21

Denunciamos unha reunión “ás agochadas” do Xerente da Área Sanitaria e a Alcaldesa M. Ramallo no Centro de Saúde e a fuxida” posterior sen contestar as preguntas feitas diante da veciñanza que agardaba consulta

 Desde a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, denunciamos a esperpéntica situación vivida este mércores no Centro de Saúde despois de “descubrir unha reunión ás agochadas do Xerente da Área Sanitaria, José Ramón Gómez, e a alcaldesa María Ramallo no consultorio.

Nesa reunión estaban, ademais, o Dr Galiano, facultativo neste centro, e a Dra. Novo, facultativa que cobre o cupo do médico xubilado, 2 días á semana en Seixo durante a segunda quincena de novembro, e tamén, Antonio Conde, destacado militante do Partido Popular en Seixo.

Non fomos convocados á reunión polo tanto excluíron deliberadamente á veciñanza afectada que leva 4 meses pelexando por unha atención sanitaria digna. E vergoñento que a administración faga reunións ás caladas, manobrando por detrás e que en vez de convocar a unha plataforma de 20 colectivos, que representa a centos de persoas, prefiran que asista un veciño da súa corda que só se representa a si mesmo.

Cando o xerente saíu da reunión, a portavoz da Plataforma que agardaba fóra preguntoulle, directamente e á vista da veciñanza, se ían deixar de enviar parches a Seixo e ían cubrir de xeito permanente a xubilación do Dr Martín. Tamén lle preguntou que ía pasar en decembro co parche que mandaran para a segunda quincena de novembro e lembróuselle que solicitamos unha reunión en agosto cando el estaba de vacacións para falar dos recortes. O xerente decidiu non contestar e escapar mentres a alcaldesa pechaba a porta e quedaba dentro da sala. No momento que saíu, preguntóuselle como anda dicindo que non se lle pediu reunión e cando teñen unha no Centro de Saúde non se nos convoca, pero á alcaldesa M. Ramallo non lle interesou responder e decidiu escapar tamén.

Dende a Plataforma consideramos que, se o xerente tivese algún anuncio positivo para a veciñanza, xa o tería feito. Mais ben parece que viñeron vender parches sen pensar nas consecuencias que a súa nefasta xestión do persoal ten para a atención sanitaria da veciñanza. Nese sentido lembran que, a finais deste mes, cumpriranse catro meses e medio dende que a Xunta e a xerencia nos deixaron nesta situación. Cando fomos á manifestación de Santiago, xa anunciamos que, se isto non mudaba, seguiriamos coas protestas. Despois desta insultante actitude da administración e o concello, non imos tardar moito en volver á rúa porque a veciñanza esta farta de que se xogue co seu dereito á saúde.”

(*) Portavoz da Plataforma