The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma Eólicos no Morrazo Non ofrece unha charla informativa hoxe no local social do Mar de Bueu

Carriola.Sara M.P. (*).26.11.21

Será hoxe ás oito da  tarde en el local social del Mar en Bueu e participarán representantes das plataformas SOS Groba e Non ao Parque Eólico do Castrove compartirán con nós a súa experiencia na loita contra parques eólicos en zonas próximas ao Morrazo. Ademais, contaremos coa presenza de Gaspar Bernárdez Villegas, co-autor do libro As árbores do Concello de Marín e un dos revisores do catálogo de árbores senlleiras, que falará dos valores naturais de especial relevancia da área afectada.

A plataforma “Eólicos no Morrazo NON” comeza hoxe venres unha campaña informativa por diferentes puntos do Morrazo. O obxectivo é que a veciñanza do Morrazo coñeza as implicacións e posibles consecuencias da instalación dun parque eólico nos montes da nosa comarca.

Cunha elevadísima densidade poboacional (90.000 habitantes, 507 hab/Km2) desde Eólicos no Morrazo NON consideramos totalmente inviable a instalación de aeroxeneradores nos nosos montes. Desde o noso punto de vista, a idea de construción dun parque eólico no Morrazo é irracional, xa que sobran os motivos que fan inviable este proxecto. Entre eles, a proximidade ás casas, xa que nunha península duns 5 km de ancho son moitos os núcleos habitados que se adentran no monte e que pasarían a vivir, literalmente, baixo a sombra destes xigantes. Esta cercanía prexudicaría tamén aos acuíferos e traídas de auga, que inevitablemente se verían afectados polos desmontes, apertura de pistas para, paso de maquinaria pesada… Pero sobre todo, pola profunda cimentación necesaria para a instalación dos aeroxeneradores.

Non podemos pasar por alto a destrución da paisaxe tal e como hoxe a coñecemos, xa que o impacto visual de monstros de preto de 200 metros de altura, así como a apertura de pistas, liñas de evacuación, a construción dunha subestación eléctrica, etc. mudaría para sempre a morfoloxía da península do Morrazo. A isto, cómpre sumar a destrución de hábitats naturais especialmente protexidos, como son o caso das brañas, así como os graves prexuízos á fauna, especialmente aves.

Asimesmo, existen tamén razóns de tipo económico para opoñernos. Ademais da perda do valor das propiedades que se estima nun 30%, este proxecto é prexudicial para outras actividades económicas, especialmente as actividades turísticas, deportivas e de lecer. Pero tamén as relacionadas coa apicultura, micoloxía, silvicultura ou gandería, das que temos exemplos na zona afectada polo suposto parque eólico.

Estes son algúns dos motivos que nos levan a mobilizarnos activamente contra este suposto parque eólico que a multinacional ACS pretende instalar nos nosos montes. Instamos á empresa a que expoña con claridade e de forma aberta as súas intencións. Non se entende o escurantismo e falta de transparencia co que se está a xestar este proxecto. Se non existen prexuízos para a cidadanía coa instalación deste parque eólico non se entende que non o expoñan de forma clara e aberta.

Asimesmo, desde a plataforma instamos aos concellos da comarca a tomar unha postura activa contraria a este proxecto, xa que non só é prexudicial para o monte, nin exclusivamente para os núcleos de poboación próximos: toda a comarca se verá, en maior ou menor medida afectada polo uso industrial do noso monte. Neste sentido, desde Eólicos no Morrazo NON dirixirémonos a todas as institucións implicadas para solicitar a información da que dispoñen sobre este proxecto e apoiaremos todas as iniciativas de rexeitamento a este proxecto que se realicen desde as corporacións municipais e outras institucións.

Por último, adiantar que de xeito inmediato, continuaremos a campaña informativa con dúas novas charlas: o día 4 de decembro terá lugar unha en Moaña. E o 10 de decembro terá lugar unha nova charla en Santomé de Piñeiro (Marín). De igual modo, sumarémonos ao chamamento da “Coordinadora Eólica Así Non”, para realizar un acto reivindicativo con motivo do Día Internacional das Montañas o 11 de decembro.

 (*)Portavoz Eólicos no Morrazo