The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Emotivo acto contra la violencia de género celebrado en el Salón Municipal de Plenos con motivo del 25 N

Carriola.Redacción.24.11.21

El Salón de Plenos se llenó ayer de público, en su mayoría mujeres que asistieron al emotivo acto que se celebró para conmemorar el 25N, día contra la violencia de género que centró el contenido a modo de representación, en las mujeres mayores de 65 años y las instituciones públicas que trabajan por el bienestar y el cuidado de la población de la Tercera Edad.

 

El acto institucional del “Día Internacional Contra la Violencia de Género” se celebró en el salon municipal de plenos con asistencia de numerosas personas entre las que se encontraban mujeres de las Residencias y centros de día para la Tercera Edad en quienes se centró en representativo homenaje este año.

Palabras de la alcaldesa

María Ramallo abrió el acto lanzando una petición “Non debemos mirar cara a outro lado, debemos unir esforzos e berrar cunha soa voz que as mulleres temos dereito a vivir sen medo como mulleres, a vivir sen violencia, a decidir libremente sobre a nosa sexualidade, a desenvolver plenamente as nosas capacidades, a ser donas das nosas propias vidas, a ser valoradas xustamente polas nosas contribucións á sociedade, porque a violencia contra as mulleres representa unha clara violación dos dereitos humanos”.

Tras su intervención tomó la palabra la psicóloga de la Unidad Terapéutica Municipal instalada en Briz quien se encargó de leer el manifiesto institucional cuyo contenido integro fue el siguiente:

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un grave problema que aínda persiste e necesita ser abordado por toda a sociedade. A violencia de xénero é un tipo de violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo, un atentado contra a súa integridade, a súa dignidade e a súa liberdade.

Este ano un total de 37 mulleres e  5 nenos e nenas foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. En Marín hai 47 casos activos a nivel policial e 13 mulleres dispoñen dun teléfono de protección 24 horas. Destaca o dato sobre os autores con máis dunha vítima que conforman un total de 18.

Aínda que a franxa de idade, onde se concentran máis denuncias en Marín, é entre 31 e 45 anos, merece especial atención a violencia exercida contra as mulleres maiores de 65. O impacto negativo sobre a súa saúde, a soidade que sofren, a falla de recursos específicos e a brecha entre o ámbito rural e o urbano, condénaas  a unha violencia silenciada que fai máis vulnerable a este colectivo.

É urxente tamén sensibilizar á mocidade e a súa contorna no desenvolvemento dunha  sexualidade saudábel e responsable, polo incremento de violencia sexual que se está a producir entre adolescentes.

A violencia machista ten diferentes formas, polo que a resposta institucional deberá recoñecelas legalmente para garantir os dereitos ás mulleres que a sofren. É o caso da consideración como violencia económica ao impago de pensións ou a violencia vicaria, acto de instrumentalización das fillas e fillos por parte do maltratador, recollida na modificación da Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

É necesario que a familia, primeiro axente socializador de xénero, eduque en igualdade a través dunha parentalidade positiva para previr condutas violentas. Esta responsabilidade deberá ser compartida por outros axentes como os centros educativos, os medios de comunicación, os escenarios dixitais e a sociedade en xeral para modificar as pautas sociais e culturais que perpetúan a violencia. Polo tanto, como responsables de contribuír a unha sociedade máis xusta, digna e plenamente libre, declaramos o noso compromiso cos mesmos na prevención, a identificación e a abordaxe directa da violencia de xénero, con propostas e accións reais e efectivas.

Como sociedade temos a obriga de denunciar inxustizas para provocar cambios que melloren a realidade das mulleres vítimas de violencia de xénero. Nos procesos civís de separación ou divorcio, os ingresos procedentes dunha prestación por violencia de xénero, recoñecida oficialmente a unha vítima, téñense en conta xudicialmente para diminuír a súa pensión compensatoria, favorecendo así ao maltratador. Son situacións que supoñen graves barreiras e perpetúan o dano que sofren estas mulleres.

Consideramos que a violencia contra ás mulleres constitúe unha violación dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais das persoas, polo que asumimos con esta declaración o noso compromiso responsable na loita contra a violencia machista, manifestamos abertamente o noso rotundo rexeitamento e comprometémonos a mobilizar os recursos necesarios para previr, intervir e paliar as situacións de violencia de xénero, así como o noso apoio ou adhesión a iniciativas efectivas que colaboren na  procura da igualdade entre mulleres e homes.

Entrega de reconocimientos

Terminado el discurso se procedió a la entrega de los simbólicos reconocimientos a los organismos públicos y privados que contribuyen al bienestar y la calidad de vida de las personas mayores en este municipio  siendo, por la Residencia de Mayoes de Marín, María Dolores Gallego Calvar; Por el Centro de Día Unidade e Terapéutica Municipal, (Afapo-Afaga), Manuel Fontenla Redondo; Por el Centro de Día Saraiva, Teresa Parente Gestido, acompañada de las usuarias del centro Luisa Iglesias Sánchez e Ignacia Torres Vidal; Por la Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Marín e Comarca  “Camiño Vello”, Rita Borrel Descamps y, finalmente, se le dio a Josefa Villanueva Villanueva en representación de todas aquellas mujeres anónimas que lucharon en sus sus vidas por la igualdad y contra la violencia de género, recogiendo el premio sus familiares, Monserrat Ruibal Bermúdez e Josefa Bermúdez Villanueva.

Un video impactante puso fin al acto

El acto finalizó con la proyección de un video en el que una mujer de avanzada edad relataba cómo fue víctima de violencia de género desde pocos días después de haber contraído matrimonio. Relataba como habían transcurrido 51 años de su vida bajo la presión y los malos tratos y el momento en que se decidió a romper aquella situación pasando a vivir otra vida de liberación. Su consejo final fue a todas las mujeres, mayores y jóvenes, que se atrevan a denunciar y a romper con esa mala vida sin soportar, dijo “nin 51 nin catro anos”. La imagen de la señora no recogía su rostro y tenía distorsionada la voz por motivos obvios.

 Un minuto de silencio guardado en honor a las víctima de violencia puso fin a la conmemoración y, finalmente, se hizo un reparto de bloks con una portada relativa a la problemática de la violencia de género a todos los asistentes.