Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu unha masiva asistencia de veciños interesados en coñecer o plantexamento contrario de Eólicos no Morrazo Non

Carriola.Ev.Esp..27.11.21

Grande participación na charla informativa Eólicos no Morrazo NON. Tras a primeira xuntanza aberta que tivo lugar en Ardán o 3 de novembro, e que deu lugar ao nacemento da plataforma, Eólicos no Morrazo NON comeza un ciclo informativo por diferentes localidades da comarca. A cidadanía das parroquias afectadas polo suposto parque eólico acude masivamente a Bueu para dicir Eólicos no Morrazo NON. Información, transaprencia e rigor son as esixencias da veciñanza do Morrazo fronte a un proxecto que podería cambiar para sempre a morfoloxía e paisaxe da península.

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu esta tarde do venres a primeira das charlas informativas que a Plataforma Eólicos no Morrazo NON realizará en diferentes localidades do Morrazo. Coa presenza de colectivos contrarios á implantación de parques eólicos, SOS Groba e NON AO PARQUE EÓLICO DO CASTROVE, a cidadanía tivo a oportunidade de coñecer a experiencia doutras comarcas ameazadas pola construcción de mega-parques eólicos. No caso do Castrove, que de repente se atoparon coa tramitación do proxecto de parque eólico xa en marcha. Especialmente, preocupante foi a situación do lugar da Escusa, que se vía totalmente incluída dentro da poligonal do parque. O que siginifica é que todo ese terreo queda a expensas do que a empresa queira facer con el no futuro. Merce Cararmal puxo de manifesto o problema que no futuro supón para moitos propietarios (particulares ou comunais) a retirada dos muíños unha vez que o parque queda obsoleto.

Informarse e mobilizarse

O representante da Plataforma SOS A Groba, Simón, destacou a importancia de que a cidadanía estea informada e se mobilice en torno a asociacións ou plataformas, como único xeito de fracer fronte á ameaza eólica. Tamén fixo fincapé en qué modelo enerxético é o que buscamos: o que da beneficio ás grandes empresas ou os modelos de eficientes, baseados en enerxías renovables, seguindo modelos locais, sustentables e mancomunados. E dicir, instalacións mais pequenas, de carácter comunitario de ámbito local ou particular.

Tras expoñer os prexuízos que este tipo de proxectos representan para a poboación, animaron á participación activa, a que a xente se informe e mobilice como o único camiño para poder facer fronte ao poder das multinacionais que se atopan tras estes proxectos.

Intervencións

A charla contou tamén coa presenza de Gaspar Bernárdez Villegas, co-autor do libro As árbores do Concello de Marín e un dos revisores do catálogo de árbores senlleiras, que centrou a súa intervención en destacar a singularidade e valor natural do espazo que quedaría destruído polos parque eólico. Fixo un percorrido polos elementos botánicos especialmente singulares e propios desta zona, que se verían destruídos pola construcción do parque eólico. Trátase, en moitos casos, de especies vexetais únicas, algunhas delas a nivel mundial.

E finalmente, o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira explicou a postura desta organización fronte ao actual plan eólico de Galicia, esixindo a súa retirada inmediata por ser un modelo altamente prexudicial. De igual modo, reivindicou o papel dos montes comunais en man común e denunciou o espolio que, expuso, pretende levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas comunidades de Montes.

Numerosa presencia que mostra a preocupación veciñal

A elevada afluencia de público a esta primeira charla pon de manifesto o desconteno e preocupación da cidadanía do Morrazo ante este proxecto. A súa ubicación nunha península tan densamente poboada, con lugares habitados que se adentran no alto do monte, provoca que si ou si, núcleos de poboación vanse ver directamente afectados. Con muíños eólicos proxectados en Pastoriza, nas inmediacións da antena de RTVE, muíños proxectados nos montes da Carballosa e Agudelo e outros en terreos de Cela, Chan da Paralaia ou Ermelo, este parque eólico tería unha repercusión nefasta sobre a comarca, cun alto impacto visual desde calquera punto da ría de Pontevedra e grande parte da de Vigo.

Esixencia de derogación da ADE e manifesto constituinte

Por esa razón, a Plataforma Eólicos no Morrazo NON esixe a derrogación do Plan Sectorial Eólico de Galiza, así como a retirada da ADE (Área de Desenvolvemento Eólico) do Morrazo e de calquera proxecto ou anteproxecto de instalación eólica que poña en perigo a integridade ambiental da península do Morrazo.

A plataforma Eólicos No Morrazo NON aproveitou a ocasión para presentar o seu manifesto constituínte, que recolle as principais reivindicacións da plataforma. Así mesmo, convidou á veciñanza a participar nos futuros actos da plataforma, que continuarán o día 4 de decembro cunha charla en Moaña. E o 10 de decembro terá lugar unha nova charla en Santomé de Piñeiro (Marín).

De igual modo, sumarémonos ao chamamento da Coordinadora Eólica Así Non, para realizar un acto reivindicativo con motivo do Día Internacional das Montañas o 11 de decembro.

roslev