The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Máis empresas que pugnan por instalar eólicos nos montes do Morrazo e, a Plataforma en contra, promete plantar cara para evitar lo que considera la destrucción del monte

Carriola.Plataforma Eólicos no Morrazo NON.06.12.21

Unha nova empresa súmase á pugna polos montes do Morrazo. Desde a Plataforma Eólicos no Morrazo NON queremos transmitirlle a ACS, Aratel, Grupo Arrate, ou como queiran chamarse, que a cidadanía desta comarca está disposta a plantarlles cara ante a desfeita que pretenden no noso monte.

No transcurso da charla convocada por Eólicos no Morrazo NON, a Alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, compartiu coas persoas asistentes as intencións da empresa Aratel Energías Renovables, vinculada ao grupo corporativo Arrate, de “levar a cabo a promoción, desenvolvemento e construción” dos parques eólicos denominados “Pé Monte Xaxán” e “Pe Monte San Lourenzo”, nas parroquias de Domaio e Moaña. Esta empresa, creada en  marzo deste ano, solicitou ao concello de Moaña información sobre a compatibilidade  urbanística das parcelas nas que pretenden localizar o parque eólico.

Este movemento confirma os peores prognósticos sobre o/os proxectos de parque eólico na península do Morrazo. O que ao comezo parecían uns cantos aeroxeradores entre Ardán, Cela  e Ermelo estase a converter nunha verdadeira invasión, que abarca a totalidade da península do Morrazo. Coas novas localizacións identificadas, O Monte Gagán, a Pedras Negras ou o Monte Formigoso e a Paralaia súmanse á listaxe de espazos ameazados.

Falta de claridade e ocultacións

Desde a Plataforma Eólicos no Morrazo NON queremos de novo denunciar publicamente a falta de claridade e ocultación coa que traballan estas empresas.  Con todos os cumios do Morrazo ameazados, desde  Cotorrendo ao Gagán, ou desde Pastoriza á Paralaia, non é admisible este menudeo de información, presentación fragmentada e ocultación das verdadeiras intencións destas empresas. Neste sentido, no transcurso da charla, Moncho Millán, Presidente da Mancomunidade de Comunidades de Montes do Morrazo,  puxo o foco no actual marco lexislativo: unha alfombra vermella para as empresas eólicas. Interpelou á Xunta de Galicia a retirar o Actual Plan Sectorial Eólico, incluíndo a eliminación da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo, e abrir un diálogo cos axentes implicados co fin de ordenar e racionalizar a actual orxía eólica que se está a dar no noso territorio. A propia Xunta recoñeceu esta situación anunciando un peche temporal do rexistro eólico por non poder atender o número de solicitudes, máis de 200, que ten sobre a mesa.

Perxuizos directos á veciñanza

A charla continuou coa intervención de Carme Varela,  da Asociación de Veciños, O Outeiro de Sanamede do Monte no Concello de A Baña.  Carme puxo o foco nos prexuízos directos á veciñanza, entre os que destacou a perda de valor patrimonial. As propiedades situadas dentro da liña poligonal do parque eólico (terreos ao redor do parque eólico que están baixo o dominio da empresa promotora) veranse afectadas por un cambio inmediato na cualificación do solo, que se converterá en solo de protección de infraestruturas. No Morrazo, ao haber núcleos de poboación tan próximos ás parcelas onde pretenden situar o parque eólico, lugares como Pastoriza ou Miñán (en Marín) ou Broullón, Paradela ou A Fraga (en Moaña) e Ermelo, o Igrexario de Cela, en Bueu poderán quedar  incluídos total ou parcialmente dentro da poligonal. Isto supón unha perda automática do valor da propiedade. Carme animou á cidadanía a organizarse, informarse e plantar cara a estas empresas, que, segundo ela, pretenden o maior espolio territorial que nunca se levou a cabo en Galicia.

Afectación aos recursos naturais no Morrazo

Pola súa banda, Tonio Nogueira biólogo e membro de Eólicos no Morrazo NON, puxo en valor os recursos naturais dos que dispón a comarca do Morrazo,  en especial, nas zonas máis afectadas polo parque eólico: carballeiras de Ardán, Cela, Ermelo e Coiro, así como outros hábitats como as brañas, breixeiras, bosques de ribeira.

A resposta da cidadanía e calendario de actos

Por último desde Eólicos no Morrazo NON queremos felicitar a toda a cidadanía que hoxe encheu o salón de plenos de Moaña. A mensaxe que a cidadanía do Morarzo lle queremos transmitir a estas empresas é  que non llo imos pór fácil, e que faremos cantas accións sexan necesarias para evitar esta desfeita social, ecolóxica, paisaxística e económica na comarca do Morrazo.  Sen ir máis lonxe, estas son as actividades que levaremos a cabo a próxima semana:  

  • Xoves 9. Participaremos nunha xuntanza coa corporación municipal de Marín, comunidades de Montes do municipio para coñecer a información sobre o proxecto.
  • Venres 10. Casa de Cultura de Santomé de Piñeiro (Marín). Charla informativa ás 20 h. nunha das parroquias que estará máis afectadas por este parque eólico, con varios aeroxeradores no seu monte.
  • Sábado 11. Sumámonos á conmemoración do Día Internacional das Montañasque organiza a Coordinadora Eólica Así NON. Nesa xornada, realizaremos actividades en Marín e Bueu:
    • Pola mañá: Lugar de Pastoriza (Marín). 11.30  h Andaina reivindicativa con animación musical desde o lugar de Pastoriza (Centro Social) até o alto da Pastoriza. Previamente, estaremos no centro social informando á veciñanza que se achegue sobre as consecuencias que este proxecto terá para o lugar de Pastoriza.
    • Pola tarde: Bueu – Sala Aturuxo. E tras o acto reivindicativo da mañá, pola tarde faremos un café- magostona sala aturuxo das 17.30 h. en diante. No transcurso desta actividade celebraremos unha mesa redonda, para seguir informando sobre as consecuencias deste proxecto.