The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O próximo vernes deberán estar expostos os traballos navideños que opten aos premios do concurso municipal

Carriola.Redacción.06.12.21

 O Concello de Marín ten convocado un concurso de ambientación navideña para comercio, hostalaría e vivendas que trala súa inscrición deberán estar expostos a partir do venres día 10 en que as persoas que forman o xurado, xirarán visitas para valorar os traballos

Imos lembrar as bases para participar neste concurso contemplan que as decoracións deberán estar expostas desde o día 10 de decembro ata o seis de xaneiro, establecéndose tres categorías:

 

  • COMERCIO: Valorarase en conxunto o mellor escaparate e interior dos comercios e negocios participantes, que terán que estar ubicados no termo municipal.
  • HOSTALARÍA: Valorarase tamén a mellor entrada e interior do establecemento, tendo en conta tamén ventanais. Só poderán participar locais ubicados no termo municipal.
  • VIVENDAS: Establécense dúas modalidades dentro desta categoría.
    • Comunidades de veciños: deberán decorar as entradas principais dos seus edificios e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Vivendas unifamiliares: de novo, a decoración tanto de fachadas como xardíns que sexan visibles dende a vía pública.

Haberá que usar elementos decorativos tradicionais do Nadal e os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados, sempre que non se modifique a decoración que concursa.

Inscricións de participantes

O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 10 de decembro. Para participar, será preciso encher o anexo que se poderá encontrar na páxina web do Concello (www.concellodemarin.es) ou no Rexistro municipal. O anexo cumplimentado poderá presentarse igualmente de novo ou no rexistro ou a través da sede electrónica.

Premios por categorías

En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.

O xurado estará composto pola alcaldesa do Concello de Marín ou a persoa na que delegue, un representante da Concellaría de Festas, outro da de Cultura e outro da de Comercio, un funcionario municipal e representantes veciñais de Marín.

 Valorarase que os adornos conteñan motivos alusivos ás festas, que haxa boa iluminación (preferentemente LED), a orixinalidade e a singularidade e a utilización de material reciclado. O fallo do xurado realizarase o luns 28 de decembro.