Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.08.12.21
Mañá venres, as oito da tarde, terá lugar a presentación de os ous últimos libros do autor portugués José Vieira resindete en España, particimante na “Revolución dos Cravos do 25 de abril”
¿Quen é José Vieira? Nace en Santa María da Feira, en Portugal nos anos 40, reside na cidade do Porto, viviu uns anos en París e en varios puntos de Africa, sobre todo en Mozambique. Foi militar miliciano (non pertencía ao cadro de oficiais de carreira), durante a Guerra Colonial. Participante na Revoluçao dos Cravos do 25 de abril. Viaxeiro infatigábel un pouco por todo o mundo, visitando profesionalmente os cinco continentes, varias veces.
A súa formación académica, fíxose a través do traxecto da formación profesional para chegar á universidade, acabando por ser economista e matemático. Os seus intereses extra profesionais, foron sempre as ciencias sociais, a historia contemporánea, así como, as artes sobre as súas máis diversas expresións, especialmente a pintura e a música clásica.
En Portugal, levou máis de 35 anos colaborando cos seus escritos en variados órganos de comunicación social, en especial en periódicos e en varias revistas especializadas.
Vive en España, desde hai máis de 20 anos, en varias cidades, destacándose entre outras, pola súa permanencia, Palma de Mallorca, actualmente vive en Cangas do Morrazo, na Galiza.
Continuou a súa actividade literaria, en España, escribindo como colaborador de revistas e de periódicos dixitais, así como publicando os seus libros de ensaios. Tamén ten colaborado coas súas poesías, en varias colectivas da área, en xeral de carácter Luso Galaico (con poetas da Galiza e portugueses), así como en recitais.
Pertence a varias asociacións culturais galegas e portuguesas. É un dos fundadores dunha cooperativa libreira universitaria da cidade do Porto, e Premio de Valor Cultural, clase Ouro.