Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma pola defensa do Centro de Saúde de Seixo coloca varias pancartas reivindicativas no entorno do concello

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*).23.12.21

A Plataforma coloca pancartas contra os recortes na sanidade pública e por un segundo facultativo en Seixo e demanda que a Alcaldesa se poña a facer presión coa veciñanza ante o seu partido na Xunta. Ademais rexistrouse unha solicitude de información para coñecer as xuntanzas oficiais da Alcaldesa despois da reunión as agochadas que houbo no Centro de Saúde de Seixo porque o resultado das súas xestións aínda non se viu por ningún lado

 A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de colocar unha pancarta diante do edificio do concello coa que denunciar os recortes na atención sanitaria que sofre a veciñanza e demandar que a Alcaldesa de Marín faga presión ante o seu partido na Xunta.

Decidiuse esta colocación de pancartas porque no Nadal tamén enfermamos e queremos lembrarlle ao goberno municipal que os recortes continúan no Centro de Saúde e Seixo e, tamén no de Marín. Nese sentido a semana pasada e esta faltan varios facultativos en Marín e en Seixo A semana pasada a xerencia cancelou as citas da doutora que cobre o cupo do facultativo xubilado dous días á semana e tres en Marín porque estivo de baixa. O martes pasado estábase citando para venres e, á última hora, confirmouse que hoxe habería consulta. Se non fose pola presión veciñal e as nosas denuncias , hoxe o cupo seguiría descuberto como ocorre tres días á semana, ocasionando un prexuízo maior tanto á veciñanza como ao persoal. Dende a Plataforma apuntamos á xerencia de Jose Ramón Gómez porque, a súa política e a da Consellaría, é non contratar e así non se cobren baixas, permisos, nin xubilacións, que é a orixe do problema en Seixo, hai máis de 5 meses. Isto leva ao deterioro da atención primaria e doutros servizos como radioloxía, onde hai pacientes que teñen que agardar case tres meses a que se informe unha placa.”

A Plataforma deu comezo á colocación destas pancartas diante do Concello e noutros lugares da localidade, como o cruce de Factoría  Naval para que nestas datas tamén se visibilicen os recortes na atención sanitaria, porque non podemos asumir como normal o deterioro da sanidade pública, máxime co número de contaxios en aumento.

Tamén se presentaron por rexistro unha solicitude para que se nos conteste por escrito con información da axenda da Sra. Alcaldesa en relación coas xuntanzas oficiais que tivo para tratar a situación sanitaria do concello, onde consten día, hora, asistentes e acordos, e así poder saber as xestións das que tanto presumiu na prensa e das que aínda non deu conta publicamente. Despois da reunión as agochadas no Centro de Saúde de Seixo, a nosa alcaldesa non se molestou en informar públicamente, incumprindo ademais a ordenanza municipal de transparencia que lle obriga a facelo. Mentres noutros lugares, os gobernos municipais acompañan á xente, a alcaldesa de Marín preferiu poñerse do lado do seu partido. Agardemos que, co cambio de ano, cambie de actitude, do contrario, non imos tardar en volver á rúa porque a veciñanza esta farta de que se xogue co seu dereito á saúde.”

 (*)Portavoz da Plataforma

 

 

roslev