Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O alumnado dos colexios de Marín dona dúas toneladas de alimentos ás ONGs da vila

Carriola.Redaccióin.23.12.21

Arredor de dous mil quilos de alimentos destinados ás ONGs de Marín que se encargarán do seu reparto entre as familias máis necesitadas, foron o resultado da donación feita polas familias dos alumnos da maioría das escolas e institutos da localidade na campaña organizada polo concello. Unha boa maneira de concienciar ao mundo infantil e xuvenil da necesidade de colaborar cos que menos teñen

Segundo informa o Concello nunha nota, a  “Semana da Solidariedade”, organizada polas ONGs coa colaboración municipal, conseguiu recoller cerca de 2.000 quilos de comida entre o alumnado da maioría dos centros educativos de Marín. Tanto o Goberno local como  as asociacións, queren agradecer profundamente a colaboración a todos estes centros, entre os que están as “Galiñas Azuis” de San Pedro e de Seixo, a “EEI O Grupo”, a “EEI Nosa Señora do Carme, o CEP Sequelo, o CEIP da Laxe, o CEIP Carballal, o CEIP Seixo, o CPR Inmaculada”, o CPR San Narciso e o IES Illa de Tambo.

Ademais, as organizacións sociais da vila tamén queren destacar a importante  aportación que supuxeron as chocolatadas solidarias dentro do programa de Nadal.

 

roslev