Redacción. Carriola. 24.01.22
Ricardo Pazos fixo de anfitrión nun espazo no que participaron Moonsign, Gaspar Bernárdez, Adega Ardán, o escritor Benito Piñeiro e Ramón Castro, presidente de la Asociación Tenlo.
Todos os sábados ás 18:45 da tarde, O Carteiro da Galega percorre Galicia cunha carta que entregar visitando os lugares e veciños máis singulares e sorprendentes de cada concello. Víctor Fábregas, mítico excompoñente de Os Tonechos xunto a Roberto Vilar, é o encargado de conducir este espazono que fai de Carteiro de Correos e nesta ocasión visitou Marín buscando a Ricardo Pazos, un dos coordinadores da Asociación Céltica cultura. Ricardo levou ao Carteiro a diferentes lugares de Marín, onde lle presentou a persoas moi destacables.

Gaspar Bernárdez intervén no programa dende Briz
Juan Pablo Charlo e Alba Suárez, que integran o dúo musical MoonSign, interpretaron un dos seus temas para o Carteiro e o cicerone. Gaspar Bernárdez, de profesión paisaxista, falou do Parque dos Sentidos e contou a relación de Marín cos monxes de Oseira e a festa do pulpo de O Carballiño e a nosa vila. Na Adega Ardán falaron coa súa dona, Fina Cabaleiro, do viño e da expansión desta pequena adega marinense que xa exporta a países como Singapur.

Fina Cabaleiro fala da Adega Ardán, que xa exporta producto a Singapur
Tamén en Ardán estivo o escritor Benito Piñeiro, que leu versos do seu libro. Por último, na zona do porto de Marín, na sede da Asociación Tenlo, José Ramón Castro, Ramón González e Luis falaron de cuestións relacionadas con esta importante asociación e co mundo do mar e o presidente levou ao comiunicador a dar un paseo pola nosa ría marinense

Víctor Fábregs visitou a sede da Asociación deportiva de pesca TENLO, onde comprobou in situ o seu traballo
O Carteiro impuxo finalmente a banda de embaixador a Ricardo Pazos no palco da música da Alameda Rosalía de Castro despois de todas as visitas cunha grande posta en escena que puxo fin ao programa.