Redacción. Carriola. 10.02.22
O centro de formación A Aixola, situado no interior do recinto portuario marinense fixo públicos os seis cursos que completarán a súa oferta formativa para este ano 2022. Son os seguintes:
Curso de Modelado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construcción naval Inicio: 28/02/2022 - Fin: 03/06/2022 (Mañás - 400 horas).
Curso de Reparación de flotadores de embarcacións Inicio: 01/03/2022 – Fin: 12/05/2022 (Mañás - 240 horas) Curso: Operacións de Habilitación de embarcacións menores Inicio: 07/03/2022 - Fin: 12/07/2022 (Tardes - 425 horas ).
Curso de Mecánica Básica de motores menores Inicio: 04/04/2022 - Fin: 23/05/2022 (Mañás - 150 horas).
Certificado de Profesionalidade: Operacións auxiliares de elementos estructurais e de recubremento de superficies de embarcacións Inicio: 05/09/2022 – Fin: 25/11/2022 (Tardes- 280 horas).
Certificado de Profesionalidade: Confección e mantemento de artes e aparellos Inicio: 12/09/2022 – Fin: 21/12/2022 (Mañás - 330 horas).
Curso: Electricidade e Hidráulica básicas Inicio: 19/09/2022 – Fin: 07/12/2022 (Mañás - 275 horas).
A Aixola, un referente no mundo da formación náutica dende 1997
Dende os seus inicios, en 1997, o Centro de Formación “A Aixola” constituíuse nun referente para a impartición de accións formativas de capacitación e reciclaxe das xentes do mar.
Aixola foi creado co obxectivo de capacitar aos colectivos que abandonaban a pesca para continuar exercendo a súa actividade noutros oficios do sector marítimo. A formación puramente técnica compleméntase con actividades de inclusión social e fomento da igualdade de xénero, ofrecendo apoio na busca de novas oportunidades de emprego, e promovendo o impulso do espírito emprendedor e cooperativo entre os seus beneficiarios.
O denominador común de todas as acciones formativas é a súa orientación práctica para a adquisición das capacidades requiridas polo mercado laboral, a través da aprendizaxe en taller, onde se realizan proxectos xurdidos de necesidades reais. O centro de formación emula o traballo das empresas cun profesor-titor e un grupo de aprendices en cada especialidade newzpharmacy.com. A formación teórica necesaria para o desenvolvemento das especialidades impártese maioritariamente integrada á práctica.
A formación impartida é non regrada, é dicir, que non dá lugar a un certificado académico, pero sí acredita ós alumnos que a cursan cun certificado de aproveitamento. Este enfoque favorece o acceso á formación, e axiliza a actualización de contidos, adecuando os cursos ás demandas do mercado.
Dende 2004 a Consellería do Mar encomenda ao Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR a xestión do Centro de Formación A Aixola.