Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A las ocho de la tarde comenzará el Pleno Ordinario del mes de Febrero en el Concello con 14 puntos en el orden del día

Carriola. Redacción. 10.02.22

Esta tarde habrá Pleno Ordinario e el Concello de Marín, que ha hecho público el Orden del día correspondiente. Es el siguiente:

"De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 80 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, RESOLVO: Primeiro.- Convocar sesión ordinaria do Pleno, que terá lugar nesta Casa Consistorial o vindeiro día 10 de febreiro de 2022 ás 20:00 horas, para tratar os asuntos incluídos na seguinte Orde do Día:

A) PARTE DISPOSITIVA:

1.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión ordinaria do Pleno celebrada o 13 de xaneiro de 2022.

2.- Rectificación, se procede, da acta do Pleno correspondente á sesión ordinaria celebrada o 9 de decembro de 2021.

3.- Declaración institucional do Concello de Marín sobre o 8M Día Internacional da Muller 2022 - (Expte.: 2022 SE015-004)

4.- Ditame da Comisión Informativa de Cultura, Patrimonio, Normalización Lingüística, Coordinación actividades culturais e utilización de espazos públicos culturais en relación co inicio do procedemento para a declaración do Enterro da Sardiña de Marín como festa de interese turístico de Galicia - (Expte.: 2022 CU605-001)

5.- Informe-proposta de Secretaría en relación coa retirada da proposición presentada no procedemento de licitación das obras contempladas no proxecto "Execución de un equipamento socio cultural en Marín - Pontevedra" (Expte.: 2021 CO143-004)

6.- Ditame da Comisión Informativa de Deporte, Xestión de instalacións deportivas, Organización de eventos deportivos e Xuventude en relación coa moción presentada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para a elaboración de un Plan Estratéxico Xuvenil (Expte.: 2022/SE15-002).

7.- Ditame da Comisión Informativa de Cultura, Patrimonio, Normalización lingüística, Coordinación de actividades culturais e Utilización de espazos públicos culturais en relación coa proposta presentada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE solicitando a creación do arquivo da imaxe da memoria histórica visual e sonora da nos vila -(Expte.: 2022 SE015-003)

B) PARTE DE CONTROL DO PLENO:

8.- Posta en coñecemento do Pleno da Corporación as resolucións ditadas no mes de xaneiro de 2022 que van do número 1 ata o 209, ambas incluídas.

9.- Posta en coñecemento da Corporación os acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local nas sesións ordinarias celebradas os día 7, 12, 19 e 26 de xaneiro de 2022.

10.- Posta en coñecemento da Corporación do informe de Intervención sobre as resolucións con reparos efectuados no mes de xaneiro de 2022 - (Expte.:2022 IN398-002)

11.- Posta en coñecemento da Corporación da concesión de subvención da Deputación de Pontevedra ao Concello de Marín, por importe de 548.058,39 euros, con destino ao cofinanciamento das obras de “Humanización da contorna do mercado municipal de Seixo”, ao abeiro do Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a recuperación post-COVID-19 – Programa REACPON (Reacciona Pontevedra Provincia) - (Expte.: 2021 SU170-045)

12.- Posta en coñecemento da Corporación da concesión de subvención da Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022-2023, Liña 1– Investimento por importe de 62.252,52 €, con destino ao financiamento do investimento “Senda peonil no acceso á praia de Aguete E.P. 1205. Concello de Marín” (Achega municipal ao convenio de Mobilidade)” - (Expte.: 2021/SU170-077)

13.- Posta en coñecemento da Corporación da interposición do recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia contra a adxudicación do contrato do servizo de "Limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín" - (Expte.: 2020 CO143-005)

14.- Rogos e preguntas Segundo.- Notificar a presente resolución ós membros do Pleno, informando que a partir desta data teñen á súa disposición nas dependencias municipais de Secretaría os antecedentes relacionados cos asuntos incluídos na Orde do Día.

Así o dispón a señora Alcaldesa do que eu como Secretaria dou fe, en Marín na data da sinatura electrónica."

roslev