Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Apoio unánime á proposta do Psoe de crear o arquivo visual e sonoro de Marín

Carriola. Psoe de Marín. 12.02.22

Psoe de Marín: A creación do Arquivo Visual e Sonoro é unha das iniciativas culturáis máis bonitas e necesarias que se poden desenvolver en Marín. Queremos agradecer o apoio de PP e BNG a esta proposta e que entre todos acadasemos unha posición común. Agora comezará un traballo longo, serio e riguroso no que é indispensable a colaboración e participación activa de moita xente e colectivos”

 Esta semana celebrouse o pleno municipal onde o PSOE expuso a súa iniciativa de crear o Arquivo Visual e Sonoro de Marín. Unha iniciativa que busca localizar, identificar, organizar, conservar e difundir as fotografías, filmacións, grabacións musicais, postais, partituras, etc. que teñan a Marín como eixo vertebrador: a nosa cultura, as nosas tradicións, as nosas paisaxes, persoeiros,…

Trátanse de pequenos tesouros da nosa historia local que debe quedar gardada, custodidada, conservada, estudiada e a disposición da cidadanía.

Ainda que se partía de posicións distintas entre PSOE e PP temos que recoñecer o esforzo de ambos partidos en acadar unha posición común que evitase polemizar sobre esta iniciativa. Finalmente acordouse aproveitar ao máximo os recursos que xa se empregan para a dixitalización de documentos do Concello e por outro lado, desenvolver a participación de expertos e colaboradores locais no marco da comisión informativa de Cultura.

Temos por diante un traballo fermosísimo que abordar, nada menos que rescatar do olvido pedazos da nosa historia local, consérvalos e difundilos. E para desenvolvelo nada mellor que facelo con unidade e coa colaboración de entidades e persoas de Marín que nos axuden neste reto.

roslev