Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma decide pospoñer a manifestación da sanidade de Marín para o domingo 20

Carriola. (*)Iria Aboi. 12.2.22

O aprazamento débese a previsión de mal tempo para mañá domingo, e desde o coletivo fan un chamamento á veciñanza de todo o concello para “que acuda a reclamar unha atención sanitaria digna”

 Marín, 11/02/22. A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, celebrou esta tarde unha xuntanza na que acordou “pospoñer” a manifestación do domingo 13 de febreiro para o domingo 20 de febreiro, ás 12h no Centro de Saúde de Marín, debido á mala previsión meteorolóxica con intensas chuvias e ventos.

 Dende a Plataforma indican que “preferimos actuar prudentemente” pospoñendo a manifestación para o domingo 20 “por varios motivos: favorecer a participación, especialmente da xente maior e as familias con nen@s que sempre asistiron ás nosas convocatorias, tamén, para non desaproveitar todo o traballo de difusión feito con moito esforzo polas veciñas e veciños, fosen pegadas e repartos, asembleas ou pasar a megafonía, e, o máis importante, coidar da nosa saúde para seguir a defender a sanidade pública con toda a forza.” Nese sentido, sinalan “sería o colmo caer enfermos dunha molladura e que non tiveramos médico para atendernos por culpa dos recortes da Xunta como ocorre neste momento no Centro de Saúde de Seixo, Marín e no PAC”

 A Plataforma explica que “fixemos un traballo de difusión moi intenso e seguirémolo facendo nesta semana para chegar a canta máis xente mellor.” A Plataforma reitera o chamamento a todas as veciñas e veciñas de Marín “queremos que acudan familias enteiras tanto do casco urbano como das parroquias para facer visible que a veciñanza do todo o concello está unida por unha atención sanitaria digna e contra os recortes. Todas e todos sabemos que a presión da xente é a única maneira de parar o desmantelamento da sanidade pública. A veciñanza de Marín terá unha boa oportunidade o domingo 20 para lembrarlle á Xunta que coa nosa saúde non se xoga.”

* Iria Aboi é voceira da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo

roslev