Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asociación de Pescadores Tenlo únese ás condolencias pola perda dos mariñeiros do barco Villa de Pitanxo

Carriola. Comunicado asociación Tenlo Marín. 16.02.22

Suspende ademáis sine die tódalas actividades previstas pola asociación en sinal de duelo.

A Asociación de pescadores Tenlo desexa unirse na condolencia xeral polo accidente do buque pesqueiro “Villa de Pitanxo” no que perderon a vida moitos dos seus tripulantes nun un mar tan perigoso como o de Terranova no que moitos dos asociados desta entidade traballaron tamén durante os  seus años de profesión activa.

TENLO solidarízase coas familias dos mariñeiros falecidos e con D. Manuel Nores e demáis membros da empresa armadora, desexándolles a maior resignación posible en tan difícil trance que forma parte da vida mesma dos homes e as mulleres do mar.

Por tal motivo quedan suspendidas ata novo aviso, as actividades progamadas pola asociación en sinal de duelo por tan luctuoso suceso.

                                               Marín 16 de Febreiro de 2022

                                               O presidente

                                               Fdo. Ramón Castro

roslev