Carriola. Redacción. 15.02.22
La angustia es, desde hace día y medio, lo que domina Marín. Las familias de los marineros del Villa de Pitanxo no tienen consuelo porque la realidad del peligro del mar se ha hecho realidad una vez más tragándose a un gran barco y con él a la tripulación que portaba, hombres curtidos en el oficio como pocos a los que de nada les valió su experiencia y espíritu marinero. Y durante todo el día del martes y del miércoles se han sucedido las manifestaciones de unos y otros que reflejan ese enorme pesar que el pueblo, la comarca, Galicia entera, tiene sobre sí y hasta el cielo se puso plomizo para no desentonar.
Pleno extraordinario y manifiesto municipal
La Corporación en Pleno se reunió ayer para expresar, en su representación de los miles de habitantes de este municipio, ese pesar. Y fue la alcaldesa quien leyó u manifiesto que reproducimos a continuación de forma íntegra por el valor histórico que contiene ante tan triste suceso.
“O día 15 de febreiro de 2022 será unha data que xa nunca esqueceremos en Marín. Cando espertamos onte, non contabamos coa traxedia que ía asolagar a nosa vila e ás xentes do Morrazo en xeral. Os pobos de mar sabemos o que é vivir na incertidume, forma parte do noso ADN, coma a auga salgada, a pesca ou a cultura mariñeira.
Sufríramos outras veces os golpes durísimos dos naufraxios. Montrove, Mar de Marín... e agora, Villa de Pitanxo. Nomes de embarcacións que, ao igual ca os de todos aqueles que pereceron nelas, nunca saen da nosa memoria, unha memoria individual e colectiva que non se entende sen o mar e a súa doble cara.
A cara amable da pesca, fonte da nosa riqueza, da Nosa In Mare Fortuna. A cara dura das longas travesías, da separación das familias, do esforzo e a soidade. A cara bela e de riqueza da tradición mariñeira que nos marca como pobo e como comarca. A cara cruel da posibilidade aberta a que todo saia mal, a que os nosos non volvan.
Non podemos nin de preto imaxinar a sensación de desacougo, a inmensa tristeza e a dor que están atravesando as familias do Villa de Pitanxo. Non somos quen de facelo. Hai experiencias que só se entenden na súa complexidade cando se sofren. Non hai palabras abondo para explicalas.
O que nos toca como Administración local, como Concello, é estar ao seu carón, ofrecendo todo o noso apoio e colaboración, coa porta aberta ás súas demandas hoxe, mañá e ao longo do duro proceso que segue adiante, xa que as consecuencias emocionais deste golpe aínda perdurarán moito máis alá destes días.
Por iso, tendemos a nosa man como representantes do pobo de Marín a todos os que hoxe precisan de nós máis ca nunca, do noso apoio e o noso soporte. E tendemos a man tamén a todas as administracións para servir de ponte e de axuda: aos nosos Concellos veciños que tamén se viron afectaron por esta traxedia, Bueu,
Cangas e Moaña, e ao resto de institucións que seguen de preto, coma nós, o transcurso das novidades respecto ao suceso.
En Marín somos de mar e seguirémolo sendo a pesar das desgrazas. É o noso xeito de ser e de vivir, a nosa maneira de entender o mundo e o lugar do que procedemos.
Por iso temos un sector marítimo pesqueiro forte, ao que lle mostramos toda a nosa solidariedade, xa que está a pasar momentos desoladores. Moitos mariñeiros falan de que a tripulación coa que comparten travesía é coma unha familia máis e por iso entendemos o sufrimento que experimenta este gremio.
Choramos hoxe polos que se foron. Choramos nós e Galicia enteira, porque é un drama compartido. Agradecemos todas as mostras de afecto e de apoio que chegaron a este Concello, no que prometemos ser rede de amparo para todas as familias que hoxe están rotas. Seguiremos aí, pase o que pase. Compartimos a vosa dor”.
La sesión finalizó con un emotivo minuto de silencio con la participación de todos los concejales y también las personas que se encontraban en la sala presenciando el acto.
