Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Manifesto que se lerá mañán nas concentracións de Vigo e Santiago das mulleres que esixen participación na Igrexa católica á que pertencen

Carriola.Redacción.05.03.22

O pasado xoves publicábamos en Carriola unha extensa nota de prensa procedente do colecivo “Revolta de mulleres na Igrexa” convocando a dúas concentracións para mañán domingo a celebrar na Praza da Quintana en Santiago e na parroquia Cristo da Vitoria en Vigo simultáneamente. Naquela información explicabanse os motivos desta postura de mulleres que reclaman o seu dereito a unha participación real e máis activa no seno da Iglexa. Pois hoxe reproducimos a continuación, integramente, o texto do manifesto que se lerá en ambas concentracións de mañán domingo. 

MANIFESTO

Revolta das mulleres na Igrexa. Marzo 2022

No marco das xornadas feministas do 8 de marzo, as mulleres crentes, de movementos e comunidades, saímos á rúa o domingo día 6 para alzar a nosa voz e dicir que queremos estar na Igrexa, con voz e voto!

VIMOS DE LONXE

Vimos dunha longa tradición feminista que loitou pola dignidade das mulleres, que esixiu aigualdade de dereitos, poder votar, liberdade sexual e reprodutiva, e no século XXI recoñécese diversa, móstrase cunha forza nova e renovada, e este domingo 6 de marzo sae de novo á rúa para alzar a voz e dicir Abonda xa!

Vimos das mulleres valentes e libres das primeiras comunidades cristiás, e de todas as que ao longo da historia negáronse a quedar recluídas nos roles secundarios e invisibles a que a tradición eclesial e teolóxica queríaas someter.

Vimos da boa noticia dun Xesús que transgrede as normas dunha sociedade fondamentepatriarcal.

Vimos dunha Igrexa que nos seus inicios fixo da igualdade entre homes e mulleres, unha das achegas máis radicais do cristianismo á historia da humanidade. Recuperémola!

SOMOS MOITAS

Somos moitas as que en todo o mundo alzamos a voz.

Somos maioría nas tarefas de voluntariado, nas celebracións relixiosas, como catequistas, nos ¡consellos parroquiais. Somos moitas nos movementos, asociacións, centros recreativos e no mundo educativo da infancia e mocidade. Son incontables as congregacións de relixiosas que traballan día a día polos dereitos dos máis vulnerables. Quen constitúe unha parte importante da Igrexa no século

XXI?... Nós! DICIMOS ABONDA XA! 

- Dicimos abonda xa a ser invisibilizadas e silenciadas.

- Dicimos abonda xa a ser tratadas con condescendencia coma se fósemos menores de idade.

- Dicimos abonda xa á discriminación por razón do sexo ou do xénero. Cantas mulleres vemos representando a institución? Cantas poden tomar parte na toma das decisións? Cantas teólogas traballan nas facultades de teoloxía, cantas acompañan espiritualmente, cantas son formadoras dos seminarios?

- Dicimos abonda xa a que se nos negue o sacerdocio debido ao noso corpo, un corpo que sempre está baixo sospeita.

- Abonda xa dunha visión negativa da sexualidade, que crea sufrimento.

- Abonda xa dunha imaxe dun Deus exclusivamente masculino.

IMAXINAMOS E CONSTRUÍMOS UNHA IGREXA NOVA

- Unha Igrexa que é comunidade de iguais, onde a muller é recoñecida como suxeito de pleno dereito, con voz e voto en todas partes, onde a muller é valorada polos propios talentos, carismas e achegas ás comunidades.

- Unha Igrexa onde o liderado é compartido entre mulleres e homes, laicos, laicas, persoas consagradas e sacerdotes.

- Unha igrexa paritaria, máis plural e menos xerárquica.

- Unha Igrexa que acompaña sen xulgar toda a diversidade das familias, de identidades e orientacións sexuais.

- Unha Igrexa onde as mulleres xa somos, e recoñecémonos con autoridade e liderado.

- Unha Igrexa que xa hoxe é semente de futuro.Vimos de lonxe, somos moitas, e alzamos a voz para dicir abonda e esixir unha Igrexa nova que este 6 de marzo de 2022 dá un novo paso adiante.

Revolta de mulleres na Igrexa

 

roslev