Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG insta a tomar medidas urxentes de control de tráfico na Rúa do Sol

Carriola.Lucía Santos Omil (*).05.03.22

O Concello debe tomar medidas urxentemente para controlar o tráfico da rúa do Sol antes de que teñamos que lamentar males maiores. Xa abonda de pasividade, é preciso adoptar medidas  para garantir a seguridade deste espazo peonil.

O BNG  insta unha vez máis  ao goberno municipal  a solucionar o problema de tráfico descontrolado da rúa do Sol. Esta rúa aínda que é de uso peonil, padece un tráfico contínuo de vehículos a gran velocidade, ademais de  aparcar inadecuadamente ao longo da rúa obstaculizando tanto o paso peonil como o acceso a garaxes da veciñanza da rúa do Sol. Levamos insistindo dende o inicio da lexislatura na comisión informativa de seguridade, policía local e mobilidade para que se tomaran medidas de control de tráfico xa que o paso de vehículos é constante polo que é imposíbel camiñar con seguridade pese a ser zona peoníl.

Estas queixas reiteradas derivaron en controis puntuais da policía municipal pero resulta imposíbel ter un control policial contínuo polo que o problema sigue existindo. Como mostra o acontecido hai unhas semanas, cando un coche destrozou a estatua dos Danzantes situada na praza do Reloxo. Lamentábelmente, non é a primeira vez que acontece un accidente destas características, xa que dous anos antes, a mesma estatua sufriu danos polo golpe dun coche.

A intensidade de tráfico nesta rúa é inxustificábel, xa que só está permitido o acceso a vehículos autorizados e só hai que pasear polo lugar  para comprobar que o paso de coches por esta vía é constante.

Desde o BNG advertimos que o Concello debe tomar medidas urxentemente para controlar o tráfico da rúa do Sol antes de que teñamos que lamentar males maiores. Xa abonda de pasividade, é preciso adoptar medidas para garantir a seguridade deste espazo peoníl.

(*) Portavoz do BNG na Corporación Municipal

 

roslev